Notas de prensa

O Colexio Oficial de Traballo Social rexeita que os servizos sociais galegos asuman trámites relacionados co Ingreso Mínimo Vital

  • Afirman que “o sistema galego de servizos sociais está moi por enriba das súas capacidades e isto sería o colapso total”

As e os traballadores sociais solicitan ser rastrexadores da covid19

  • O Colexio Oficial de Traballo Social explica que levan a desenvolver ese papel coa tuberculose desde hai 20 anos nas Unidades de Prevención e Control da Tuberculose.

O Colexio Oficial de Traballo Social publica, en aberto, o primeiro documental sobre a situación da vivenda en Galicia

  • O proxecto, no que colaborou a deputación da Coruña, foi dirixido pola traballadora social lucense Sagrario Fernández e encargouse da parte técnica Xosé Bocixa
  • Pode verse completo nesta ligazón

O Colexio Oficial de Traballo Social solicita a reintrodución da figura do traballo social nos centros educativos galegos

  • Subliñan que é unha figura que xa existía nos centros educativos e que está regulada na lei

O Colexio Oficial de Traballo Social rexeita o bono de 250€ da Xunta para dietas e hoteis

  • Do mesmo xeito posiciónanse en contra do bono extraordinario á dependencia e da tarxeta moedeiro por entender que son medidas “asistencialistas” que revelan un “modelo de atención obsoleto”

O COTSG alerta da falta de protocolos para os servizos sociais na fase 1

  • Cren que é “inadmisible” que logo de varios días nesta nova fase as e os traballadores esenciais non teñan ningún documento polo que guiarse 

O COTSG pide a Política Social que deixe a súa “actitude pasiva” e faga un “reforzo inmediato” dos equipos de servizos sociais

  • Tamén demandan á FEGAMP que proceda a instar a todas as entidades locais da Comunidade Autónoma á contratación extraordinaria e urxente de traballadoras sociais que dean cobertura de xeito continuado e ininterrompido aos servizos sociais

O COTSG urxe á Xunta a tomar medidas de acompañamento social e de protección das traballadoras do SAF

  • Desde a Xunta de Goberno consideran que, de non facelo, se poden producir situación de “extrema gravidade” e aporta directrices a maiores