Voluntariado Internacional
A experiencia con un programa de voluntariado internacional é un elemento que axuda a madurar persoalmente e a estruturar conceptos, ideas e realidades sociais.
Se estas interesada ou interesado en participar nun programa de voluntariado internacional, recomendamosche que te informes do contido do programa no que vas a participar e nas referencias de todo tipo da entidade que o o organiza. Canta máis información teñas máis garantias de satisfacción terás.
Deixamosche enlaces de entidades onde podes atopar información ao respecto:
Coordinadoras de ONGD
Coordinadora Galega de ONGD
No seu portal adoitan publicar ofertas de voluntariado e ofertas de emprego no exterior das distintas organizacións asociadas en Galicia.
Voluntariado internacional e viaxes solidarias
Coordinadora de ONGD de España (CONGD)
Conta cun buscador de ofertas e un directorio de todas as ONGD estatais asociadas, onde podes filtrar por sectores de intervención e zonas xeográficas.
Ofertas de voluntariado en organizaciones de cooperación internacional
Buscadores e Portais de Referencia
Hacesfalta.org
É o maior portal de voluntariado en España. Podes filtrar directamente por “Voluntariado Internacional” e elixir a área de “Sudamérica” ou “Traballo Social” para ver as convocatorias abertas en tempor real.
Hacesfalta.org
Cuerpo Europeo de Solidaridad (CES)
A maioría de prazas son en Europa, pero existen liñas de axuda humanitaria e proxectos específicos de voluntariado internacional en países socios de América Latina.
