Investigacións

Estudo sobre a deshumnización e complexidade social na asistencia sanitaria

Un grupo de traballadoras sociais sanitarias está a realizar un estudo sobre a deshumnización e complexidade social na asistencia sanitaria, especificamente no rol de traballor/a Social Sanitario/a.

Os obxectivos desta publicación son: analizar o estado emocional e a sobrecarga que sofren as profesionais de traballo social sanitario, así como aportar recursos para o autocoidado psicosocial.

Podes acceder ao cuestionario aquí

 

Proxecto de investigación “VGenPro”

Fundación Concilia2 está realizando o proxecto de investigación “VGenPro” para coñecer, a partir dunha mostra representativa da poboación obxecto constituída polas e os profesionais participantes dos diferentes ámbitos (Servizos Sociais, Educativo, Xudicial, Saúde e Forzas de Seguridade), os protocolos de actuación que se están levando a cabo ante a intervención destes profesionais, así como detectar cales son os erros que se cometen producindo en ocasións a revictimización das vítimas tendo que volver contar a situación sufrida en varias ocasións.

Podes participar no cuestionario aquí: https://bit.ly/3uCABRO

A innovación pública nos Servizos Sociais en España

A continuación preséntase unha enquisa baseada no modelo HIP: Hexágono da innovación pública. A investigación está impulsada por Jaime Minguijón (Universidade de Zaragoza) e Cecilia Serrano (Universidade da Rioxa). Grazas  a esta investigación pódese alcanzar unha diagnose da innovación dos Servizos Sociais en España.

Acceso ao formulario 

TFG: A domótica e as TIC en Traballo Social

A investigación cuxa enquisa de recollida de datos preséntase, ten como obxectivo coñecer a posición dos profesionais do traballo social, en relación coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e a domótica.

Acudimos a vostede como profesional do traballo social, para que proporcione a información que xulgue oportuna, considerando de gran valor a súa achega para a consecución do obxectivo indicado.

Co tratamento estatístico dos datos achegados, garántese o total anonimato das respostas e das persoas participantes no estudo.

Accede á enquisa aquí 

Investigación: Análise do uso da mentira terapéutica por parte dos/ as traballadores/ as sociais

Esta enquisa é  desenvolta para analizar e investigar sobre a intervención dos/ as traballadores/ as sociais coas persoas con deterioración cognitiva. Forma parte dun proxecto de investigación da tese doutoral de Rubén Yusta.

Todas as preguntas foron supervisadas e analizadas polo Comité de Ética da Investigación da Universidade Complutense de Madrid, institución na que se está desenvolvendo o Programa de Doutoramento, obtendo un informe favorable das mesmas baixo o número de referencia Ref: CE_20220217-05_ SOC.

Podes acceder a enquisa aquí

Investigación sobre a elaboración de plans de traballo en servizos sociais do territorio español

Tatiana Casado, traballadora social, profesora e investigadora no departamento de Filosofía e Traballo Social da Universitat de lles Illes Balears ( UIB) xunto a The Arctic University of Norway, están a levar a cabo un estudo para coñecer o modo en que os e as profesionais do traballo social, tanto de España como de Noruega, traballan cos seus clientes desde o ámbito de servizos sociais e, máis concretamente, que estratexias utilizan na elaboración do plan de traballo con clientes que presentan dificultades complexas e unha traxectoria de dependencia crónica cos servizos sociais.
Para iso, estamos a buscar a participación voluntaria de TRABALLADORES/AS SOCIAIS que estean a desenvolver o seu labor en servizos sociais, en calquera municipio do territorio español. A participación consiste nunha entrevista on- line, de entre 45 e 60 minutos de duración, na que se conversará sobre a elaboración de plans de traballo con clientes, así como sobre a coordinación en situacións nas que interveñen outros profesionais. En ningún caso farase pública información que poida identificar as persoas participantes, e unicamente utilizarase para fins académicos e científicos. Esta investigación foi aprobada polo Comité de Ética da UIB.

As entrevistas realizaranse durante xaneiro e febreiro de 2022. Se estás interesado/a en participar, por favor, escribe a tatiana.casado@uib.es indicando preferencias horarias/días para realizar a entrevista.

 

Enquisa da situación do traballo social no ámbito educativo

Un grupo de alumnos e alumnas da materia de traballo social no ámbito educativo que están a cursar terceiro e cuarto de grao na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela, están  a realizar unha cartografía sobre a situación do traballo social no ámbito educativo en España.

Accede a enquisa aquí

Estudo exploratorio de opinións sobre a calidad no Traballo Social

Investigación levada a cabo por Mª Vitoria Ochando Ramírez, Traballadora Social e Profesora na Universidade Internacional da Rioxa (UNIR).

Consta de aprobación do Comité de ética da Investigación de UNIR (PI:008/2021).

Diríxese a Traballadores e Traballadoras Sociais (en activo/desemprego), alumnado do Grao de Traballo Social, así como Traballadores e Traballadoras Sociais docentes na Universidade.

Podes acceder ao cuestionario aquí 

Enquisa: Atención ás mulleres maiores de 65 anos vítimas de violencia de xénero desde os Servizos Sociais 

Esta enquisa forma parte dunha investigación financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Goberno de España, sobre o Mapa de Situación das Mulleres maiores de 65 anos vítimas da violencia de xénero.
Vai dirixida a profesionais dos servizos sociais e ten por finalidade valorar a atención que reciben estas mulleres maiores.

Podes acceder a enquisa aquí 

 

Cuestionario: Comunicación sexual

Obxectivo do cuestionario: Coñecer se a comunicación sexual das persoas mozas en Galicia está a ser adecuada e como afecta no seu desenvolvemento sexual.

Profesionais vencellados ao estudio: A enquisa foi realizada por especialistas en Sexología, Educación Social, Traballo Social e Comunicación (Lucía Diéguez, Noelia Fernández e Rubén Alexandre), coa colaboración da directiva do Comité ANTISIDA dá Coruña.

Persoas ás que vai dirixido: persoas de entre 12 e 30 anos que residan en Galicia.

Acceso ao cuestionario aquí