Para qué colexiarse?
Como colexiarse?
Requisitos
A incorporación ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia esixirá, polo menos, a existencia conxunta dos seguintes requisitos:
Ser maior de idade.
Presentar a correspondente solicitude dirixida á Presidencia da Xunta de Goberno do Colexio, achegando o título profesional ou o certificado académico de finalización dos estudos correspondentes, e o recibo acreditativo de ter satisfeitos os dereitos de expedición do título. Os/as profesionais co título de traballador/a social expedido por outros estados membros da Unión Europea deberán achegar, ademais do respectivo título académico, a correspondente resolución de recoñecemento deste para o exercicio da profesión en España. Nos casos de títulos expedidos por países non membros da Unión Europea, xuntarán o preceptivo título de validación dos seus estudos de Grao en Traballo Social.
Satisfacer a cota de inscrición que determine o Colexio Oficial. No caso de que a persoa solicitante xa estivese inscrito noutro Colexio de Traballo Social, será suficiente que achegue certificación acreditativa deste último.
A adquisición da condición de persoa colexiada farase efectiva mediante a correspondente resolución expresa do Colexio Oficial.
Documentación necesaria
Fotografía tamaño carné a cor, actualizada e con fondo branco en formato .jpg ou .png
Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte
Fotocopia compulsada do título profesional de Traballo Social ou fotocopia compulsada da solicitude de expedición do mesmo.
Certificado de demanda de emprego do Servizo Galego de Colocación.
Fotocopia ou documento bancario onde apareza o IBAN da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas colexiais.
Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante ingreso ou transferencia bancaria na seguinte conta do COTSG en ABANCA:
IBAN FORMATO IMPRESO:
IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153
IBAN FORMATO ELECTRÓNICO
ES2620805195883040006153
Se estás xubilada ou xubilado, poderás seguir desfrutando de tódolos beneficios dun xeito gratuito.
Matrícula de colexiación
A matrícula de colexiación é un pago que se fai unha única vez no momento de solicitar a alta de colexiación, e ten diferentes importes en función da situación laboral no momento de colexiarse e en función do tempo transcorrido dende o remate dos estudos ata o momento da colexiación.
Están exentas de realizar este abono as persoas que estiveron previamente precolexiadas, as persoas que se recolexian e as persoas que solicitan traslado por estar colexiadas noutro Colexio Oficial de Traballo Social doutra provincia ou comunidade.
DESEMPREGO
Menos de 2 anos
Máis de 2 anos
ACTIVO
Menos de 2 anos
Máis de 2 anos
Cotas
As cotas corresponden ao ano natural, e se poderán fraccionar en anuais ou semestrais, cargándose as cotas anuais no mes de xuño e as cotas semestrais nos meses de xuño e decembro do ano en curso.
O importe da cota non se fai efectivo no momento da colexiación, cárgase por domiciliación bancaria no mes correspondente ( xuño no caso de optar polo pago anual, ou xuño e decembro si se opta polo pago semestral ).
No caso de solicitar a cota reducida a modalidade de pago será obrigatoriamente o pago semestral, e deberase xustificar a situación laboral mediante Certificado de vida laboral e hai que acreditalo nos dous semestres.
No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General del Trabajo Social.
Cota anual
O importe da cota colexial anual establecese en función da situación laboral (persoas colexiadas en desemprego e persoas colexiadas en activo).
COTA ANUAL
T. S Desemprego
T. S en Activo
As e os profesionais que previamente estiveran colexiadas e desexen retomar de novo a colexiación, non será preciso abonar a contía da matricula, mantendo o mesmo número de colexiación.
As e os profesionais en situación laboral activa sen exercer como Traballadora ou traballador social, deberán abonar a matricula en activo e cota como desempregada/o.
As cotas poderán ser fraccionadas de xeito anual ou semestral. As cotas anuais serán cobradas no mes de xuño; as cotas semestrais serán cobradas nos meses de xuño e decembro do ano en curso.
As cotas serán proporcionais aos meses que correspondan segundo a data de colexiación.
Cota reducida por pago anticipado
As persoas que decidan anticiparse ao pago no mes de pagan 145€ en activo e 72,50€ en desemprego.
No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General de Trabajo Social.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A COLEXIACIÓN
Accede ó formulario online
SOLICITUDE DE BAIXA COLEXIAL
COMUNICACIÓN DA SITUACIÓN DE XUBILACIÓN
Accede á área privada e fai a túa solicitude
Aínda es estudante de Traballo Social? Precoléxiate e goza de todas as vantaxes!
Requisitos
A figura do alumnado precolexiado é transitoria e previa á de profesional colexiado e colexiada; créase para dar acceso ao estudantado que estea matriculado no Grao en Traballo Social e que desexe incorporarse ao COTSG:
Ser maior de idade.
Ser estudante/a do Grao en Traballo Social
Presentar a correspondente solicitude por escrito dirixida ao COTSG, acompañada da documentación requirida.
Pagar a cota correspondente, 30 Euros, nun só pago.
O feito de ser precolexiado/a eximirá do pago de matrícula de colexiación.
Documentación necesaria
Fotografía tamaño carné a cor, actualizada e con fondo branco en formato .jpg ou .png
Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte
Fotocopia da matrícula no Grao en Traballo Social do ano en curso.
Solicitude de alta de precolexiación cumprimentada
Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante ingreso ou transferencia bancaria na seguinte conta do COTSG en ABANCA:
IBAN FORMATO IMPRESO:
IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153
IBAN FORMATO ELECTRÓNICO
ES2620805195883040006153
Vantaxes
Serán servizos para as persoas precolexiadas:
Acceso á área privada da páxina web.
Acceso ás publicacións do Fío Semanal .
Acceso á Convocatoria de Premios do Día Mundial do Traballo Social na modalidade de TFG – TFM.
Acceso a descontos nos cursos de formación e ás pílulas ou xornadas gratuítas do COTSG, dirixidas ás persoas colexiadas.
Acceso en calidade de oínte ás asembleas do COTSG.
Orientación sobre a praxe profesional
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A PRECOLEXIACIÓN
Accede ó formulario
CLÁUSULA PROTECCION DATOS
Descarga o impreso
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A PRECOLEXIACIÓN
Documento de inscrición
CLÁUSULA PROTECCION DATOS
Descarga o impreso