Contacta

Reclamacións, Queixas ou Suxestións

As colexiadas, colexiados e a cidadanía teñen dereito a dirixirse á Colexio Oficial para trasladarlle as queixas, demandas ou suxestións sobre calquera cuestión relacionada co funcionamento do Colexio, o Consello Xeral, os seus servizos, o Traballo Social, os servizos sociais ou a política social.

Asemade, o presente formulario tamén pretende ser unha ferramenta para DENUNCIAR de xeito sinxelo aqueles casos de INTRUSISMO PROFESIONAL que se coñezan. O COTSG vela así pola defensa da profesión co obxecto de erradicar actuacións irregulares en relación coa nosa disciplina. #STOPIntrusismo

As comunicacións recibidas mediante este procedemento serán tratadas de xeito confidencial, e serán analizada aos efectos exclusivos de asegurar que as demandas, denuncias, etc., sexan debidamente atendidas en tempo e forma

    COMPARECE

    Ante o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, e conforme ao previsto nos artigos 7.r) e 9 dos Estatutos colexiais e o artigo 12 da Lei 2/1974, de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, que establecen que este Colexio profesional tramitará e resolverá as queixas e reclamacións presentadas polas persoas consumidoras e usuarias e as persoas colexiadas, referidas á actividade colexial ou profesional das colexiadas, así como as presentadas por asociacións e organizacións de consumidores e usuarios na representación ou en defensa de intereses colectivos.

    SOLICITA

    A tramitación dunha reclamación/queixa/suxestión relativa a unha actuación de (marcar unha opción e cubrir cos datos identificativos no seu caso):

    Polos motivos que se describen a continuación, achegando a documentación correspondente que se relaciona como proba documental da miña pretensión e declarando, baixo a miña responsabilidade, que todos os feitos e documentos adxuntos son verídicos: