O Colexio por dentro

Unha estrutura ao servizo da profesión

Quen toma as decisións, quen as leva adiante e como podes participar. E tamén de onde vimos: máis de medio século de historia do Traballo Social organizado en Galicia.

1967Nace a asociación ARGAS
1982Constitúese como Colexio Oficial
21presidentas ao longo da historia
2001Sede propia en Santiago
Estrutura organizativa

Como se organiza o Colexio

O COTSG, para o cumprimento dos seus fins e funcións, organízase segundo a seguinte estrutura.

Órgano superior de decisión

Asamblea Xeral

Composta pola Presidencia, os demais membros da Xunta de Goberno e todas as persoas colexiadas presentes e legalmente representadas.

Asembleas e actas →
Órgano de goberno

Xunta de Goberno

Dirixe e administra o Colexio e executa os acordos da Asamblea. Elíxese pola colexiación en eleccións.

RCPresidida por Rosario Capelo Casas desde marzo de 2026
Coñecer a Xunta de Goberno →
Participación

Comisións estruturais

Grupos nos que persoas colexiadas traballan de forma estable en áreas clave da profesión.

Ver as comisións →
Xestión diaria

Equipo técnico

O persoal do Colexio: atende a colexiación e xestiona a formación, a comunicación e a administración.

Coñecer o equipo →
O Colexio somos todas

Como podes participar

A estrutura non é só un organigrama: hai varias formas de implicarte na vida colexial.

Vota e decide na Asamblea

Toda persoa colexiada ten voz e voto nas asembleas ordinarias e extraordinarias.

Únete a unha comisión ou grupo

Achega a túa experiencia nas comisións e nos grupos de traballo do Colexio.

Preséntate ás eleccións

Forma parte dunha candidatura á Xunta de Goberno cando se convoquen eleccións.

1967 – hoxe

Historia do Colexio

Case 60 anos de traxectoria, de asociación profesional a Colexio Oficial. Estes son algúns dos momentos máis importantes, aínda que hai moitos máis.

1967
Nace a ARGAS

Constitúese en Santiago a Asociación Regional Gallega de Asistentes Sociales.

1979
Pasa a ser AGAS

A Asemblea cambia o nome a Asociación Galega de Asistentes Sociais.

1982
Lei de creación

Apróbase a lei que crea os Colexios Oficiais, entre eles o de Galicia.

1983
Primeira Xunta

Primeiras eleccións do Colexio: 167 persoas con dereito a voto.

2001
Sede propia

Inaugúrase a sede do Colexio en Santiago de Compostela.

2026
Nova Xunta de Goberno

Toma posesión a Xunta presidida por Rosario Capelo Casas.

06/03/2026

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Rosario Capelo Casas, tras un proceso electoral no que foi a única candidatura presentada.

09/01/2018

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Miriam Rodríguez Sierra, tras a celebración de eleccións o 21 de decembro de 2017.

20/11/2013

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Marta Capeáns Outeiro, tras a convocatoria de eleccións para o 10/12/2013 e proclamada electa de forma automática ante a ausencia doutras candidaturas.

06/09/2013

Juana Tubío Ordóñez presenta a súa dimisión como presidenta. A vicepresidenta Diana Parada Alvedro asume a presidencia e convócanse eleccións (art. 23 dos Estatutos).

25/11/2011

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno presidida por Juana María Tubío Ordóñez, tras as eleccións convocadas para o 12/12/2011 e proclamada electa de forma automática ante a ausencia doutras candidaturas.

25/10/2007

Toma de posesión da candidatura Redondas, presidida por Mª José Redondas Vallejo.

05/10/2007

Celébranse as oitavas eleccións á Xunta de Goberno, ás que se presentan dúas candidaturas completas, denominadas Redondas e Thomas. Gaña as eleccións a primeira.

05/06/2007

Pilar Couce deixa a presidencia. A vicepresidenta Mª José Thomas Berbén asume a presidencia e convócanse eleccións (art. 23 dos Estatutos).

29/03/2005

Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire. É o seu segundo mandato.

10/03/2005

Celébranse as sétimas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

25/05/2001

Toma posesión a Xunta de Goberno presidida por Pilar Couce Freire.

02/05/2001

Celébranse as sextas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

06/04/2001

Inauguración da sede do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

23/05/1997

Toma de posesión da Xunta de Goberno. A presidenta é Concepción Rancaño Osorio.

07/05/1997

Celébranse as quintas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

10/02/1994

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Julia A. García Álvarez.

21/01/1994

Celébranse as cuartas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

09/02/1990

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Beatriz de la Torre Bermúdez.

08/02/1990

Celébranse as terceiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

11/01/1985

Toma de posesión da nova Xunta de Goberno. A presidenta é Blanca Rodríguez Pazos.

15/12/1984

Celébranse as segundas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio.

05/02/1983

Toma de posesión da primeira Xunta de Goberno. A presidenta é Felicitas Rodríguez González.

01/02/1983

Celébranse as primeiras eleccións á Xunta de Goberno do Colexio. O número de persoas colexiadas con dereito a voto é de 167, e recíbense 85 votos: 25 persoais e 60 por correo.

04/10/1982

Acórdase comunicar ao Goberno Civil o traspaso do patrimonio e a estrutura da A.G.A.S. ao Colexio Profesional de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, en reunión da Comisión Xestora e cumprindo o acordado en Asemblea Xeral.

13/04/1982

Apróbase a lei de creación dos Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais e do seu Consello Xeral. Entre estes colexios figura o de Galicia.

04/12/1981

Ana Mª Rodríguez Seoane é elixida presidenta. Son as últimas eleccións da A.G.A.S. Durante este mandato lévase a cabo o proceso de disolución da A.G.A.S. e de constitución do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia.

25/11/1979

Nas primeiras eleccións da A.G.A.S. é elixida presidenta Emilia Pérez Martínez.

10/02/1979

Na Asemblea Xeral da A.R.G.A.S. decídese cambiar o nome da asociación, que de aquí en diante pasa a denominarse Asociación Galega de Asistentes Sociais.

04/12/1977

Artemia Diéguez Pérez é elixida presidenta nas derradeiras eleccións da A.R.G.A.S.

25/09/1976

Elíxese como presidenta da A.R.G.A.S. a Carmen Sánchez Candelas.

07/10/1973

Isabel Grandal Nores é elixida presidenta nas eleccións da A.R.G.A.S.

28/03/1971

Tras a convocatoria de eleccións, resulta elixida como presidenta Mª Elena Urestarazu y Ucín.

14/06/1970

Celébranse eleccións á presidencia da A.R.G.A.S. e é nomeada presidenta Isabel Martínez Lage.

17/12/1967

Constitúese en Santiago de Compostela a Asociación Regional Gallega de Asistentes Sociales. Elíxese como presidenta Emilia Varela Vila.

Memoria colectiva

As presidentas do Colexio

21 mulleres estiveron á fronte da entidade desde 1967. A súa traxectoria é tamén a historia da profesión en Galicia.

Colexio Oficial · desde 1983
RC
Rosario Capelo Casas2026 – actualidade
MR
Miriam Rodríguez Sierra2018 – 2026
MC
Marta Capeáns Outeiro2013 – 2018
DP
Diana Parada Alvedro2013
JT
Juana Mª Tubío Ordóñez2011 – 2013
MR
Mª José Redondas Vallejo2007 – 2011
MT
Mª José Thomas Berbén2007
PC
Pilar Couce Freire2001 – 2007
CR
Concepción Rancaño Osorio1997 – 2001
JG
Julia A. García Álvarez1994 – 1997
BT
Beatriz de la Torre Bermúdez1990 – 1994
BR
Blanca Rodríguez Pazos1985 – 1990
FR
Felicitas Rodríguez González1983 – 1985
ARGAS e AGAS · 1967 – 1982
AR
Ana Mª Rodríguez Seoane1981
EP
Emilia Pérez Martínez1979
AD
Artemia Diéguez Pérez1977
CS
Carmen Sánchez Candelas1976
IG
Isabel Grandal Nores1973
EU
Mª Elena Urestarazu y Ucín1971
IM
Isabel Martínez Lage1970
EV
Emilia Varela Vila1967 · primeira presidenta

Queres saber máis do Colexio?

Consulta os Estatutos e a normativa colexial, ou escríbenos se tes calquera dúbida.