Presentación
A Xunta de Goberno que teño a honra de presidir asume a responsabilidade de representar o Traballo Social en Galicia, conscientes do compromiso que implica situarse á fronte dunha institución que, con distintas denominacións e soportes xurídicos ao longo do tempo, cumprirá sesenta anos de traxectoria durante o noso mandato.
Cando, en 1967, un grupo de mulleres decidiu crear unha entidade que representase a profesión e contribuíse á súa identificación social, o contexto histórico, social e político era moi diferente ao actual. Porén, daquela como hoxe, mantense intacto o compromiso coa profesión: traballar para que a autoestima e o recoñecemento social do Traballo Social se correspondan coa realidade do seu papel esencial na sociedade.
Desde os seus inicios, a nosa organización asumiu tamén a responsabilidade de promover unha sociedade comprometida cos principios recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, incidindo nos cambios sociais baseados na xustiza social, no respecto á diversidade e nunha comprensión sistémica da estrutura social.
Cada etapa histórica presenta os seus propios retos, oportunidades e ameazas. A mirada retrospectiva permítenos comprender mellor a evolución tanto da profesión como da sociedade á que serve. A actual Xunta de Goberno tomou posesión nas datas previas á conmemoración do Día Mundial do Traballo Social, celebrado baixo o lema “Construír esperanza e harmonía”, nun contexto internacional marcado por guerras e xenocidios brutais que dinamitan o papel de institucións como Nacións Unidas e que obriga á profesión a nivel internacional a posicionarse fronte á chamada nova orde mundial. Estas liñas van a marcar os obxectivos do noso mandato, que representan a orientación transversal da acción do Traballo Social e fin ultimo de todas as accións profesionais, tendo presente o ecosistema onde temos que actuar.
En Galicia, o noso ámbito de actuación, existen ademais circunstancias específicas que cómpre atender, algunhas compartidas co conxunto do Estado e outras propias da nosa realidade. Entre elas, salientamos:
- A crise da vivenda, que ameaza con provocar un retroceso nos niveis de calidade de vida de amplas capas da poboación.
- O envellecemento demográfico, que require respostas sociais e comunitarias adaptadas.
- O avance de perspectivas individualistas e insolidarias, que cuestionan os principios fundamentais da profesión.
- O rexeitamento de avances en igualdade entre mulleres e homes, que nos obriga a reforzar estratexias para garantir a transversalidade do feminismo na práctica profesional.
- A proliferación de solucións simplistas para problemáticas complexas, que poñen en risco intervencións rigorosas baseadas no coñecemento das ciencias sociais e a adecuada atención aos colectivos máis vulnerables.
- A aplicación de criterios que priorizan o aforro económico e a homoxeneización social, en detrimento do recoñecemento da diversidade.
A abordaxe eficiente destes desafíos esixirá compromiso, capacidade de análise e enerxía colectiva. Con todo, ningún obxectivo será alcanzable sen a implicación activa das traballadoras e traballadores sociais de Galicia, pois o noso é, por definición, un proxecto colectivo.
Por iso, apostamos por fortalecer a participación e a colaboración no ámbito colexial, integrando a diversidade que caracteriza á nosa profesión. Procuraremos o entendemento e os puntos de encontro que nos permitan avanzar de maneira construtiva, sen descoidar as condicións laborais, xa que o benestar profesional constitúe unha base imprescindible para garantir o benestar social.
Contamos con todas e todos vós como a mellor, e imprescindible, compaña nesta etapa dun longo camiño: a construción do Traballo Social.
Rosario Capelo Casas
Presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Xunta de Goberno
Composición da actual Xunta de Goberno:
Presidenta
Rosario Capelo Casas
Vicepresidenta
Ana Carracedo Aldrey
Secretaría
Ana Ares Quintáns
Tesouraría
Antonio Doval Canabal
Vogal
Cristina Díaz Mira
Vogal
Teresa Elvira Muñiz
Vogal
María Isabel Fernández Lema
Vogal
Ángela Justo Rodriguez
Vogal
Héctor López Santos
Vogal
Estela Villalda Martínez
Equipo
O Colexio Oficial de Traballo social conta cunha estrutura profesional formada por persoal técnico de Administración e Xestión e profesionais do Traballo Social, fundamental para executar o Plan de Traballo.

Susana Neo
Administración -ext 1
Traballadora do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia como auxiliar administrativa no departamento de Administración dende o ano 2000 ata a actualidade.

Aquilino Santiago Rei
Administración -ext 1
Levo traballando no COTSG desde xuño do 1997, formo parte do departamento de Administración

David Gontán Varela
Coordinación – ext 2
Traballador social. Coordinador do Colexio Oficial de Traballo Social. A cargo da coordinación do persoal técnico, Defensa da Profesión, Presidencia e Xunta de Goberno.

Ignacio Iglesias
Representación Institucional- ext 6
Xerente do COTSG dende o 1998 ate o 2007, e do 2010 ao 2011. Dende xuño de 2023 incorporado como técnico.

Ana Fungueiriño
MATIASS – ext 4
Traballadora social. Responsable de xestión de contidos do portal web MATIASS, convenio coa Consellería de Política social.

Julia Álvarez
Avogada responsable da Asesoría Xurídica do Colexio, presto o servizo de asesoramento legal á colexiación en asuntos relacionados co exercicio da profesión. Tamén facilito soporte técnico xurídico á Xunta de Goberno e as traballadoras e traballadores que forman parte do equipo do COTSG.

Manuel Penido
Técnico do SIUSS en convenio coa Consellería de Política Social.
Ex docente na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela durante 18 anos. Formador de cursos SIUSS do Ministerio de Asuntos Sociales y Agenda 2030

María Olivares
Área científica e formación – ext. 3
Traballadora Social | Responsable de Formación | Coordinadora da Revista Fervenzas
Con unha práctica inclusiva, reflexiva e transformadora.

Andrea Alfaya
Participación – ext. 5
Traballadora social con perspectiva ecosocial. Coordinadora de Grupos de Traballo, Comisións Técnicas e Mesas Abertas a través da Facilitación de Grupos e de Metodoloxías Socioafectivas.
Contacto
Contacta
De luns a venres de 8.00 a 19:00 horas.
Teléfono
Enderezo
Rúa Dublín 6, baixo (Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela.
A Coruña
Fax
COTSG
Sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
| Responsable | Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). |
| Finalidade | Atender a súa solicitude de contacto. |
| Lexitimación | O remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos. |
| Destinatarios | O datos de contacto non serán cedidos a terceiros. |
| Dereitos | Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional. |
| Información adicional | Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE. |
