Convocatoria Premios Día Mundial do Traballo Social 2021

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia quere incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade. Para iso,  organiza estes premios de carácter anual co propósito de contribuir  a acadar ambos fins.

O COTSG premiará no vindeiro ano 2021, unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia de boa práctica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia. Todas elas relacionadas coa disciplina do traballo social.

Só se poderá concurrir a unha das modalidades.

Prazo límite para a remisión de solicitudes: 29 de xaneiro de 2021.

Para máis información:

Documentación necesaria:

Anexo III.1. Artigo Científico 2021

Non é preciso facelo no modelo que se achega. O que se pide é que conteña todos os puntos que figuran no mesmo.

Anexo III.2. Informe de Boa Práctica 2021

 Non é preciso facelo no modelo que se achega. O que se pide é que conteña todos os puntos que figuran no mesmo.

Entrega premios DMTS 2021 

I Concurso de Fotografía Social do COTSG

A Galiza avellentada

A redución da natalidade diminuiu pola base a pirámide de poboación. O aumento da lonxevidade engrosou a súa parte alta e a intensa emigración minou a poboación de idade adulta-media. Na foto, a tía. Finou hai uns meses. Deixou unha morea de contos na nosa memoria e unha casa pechada no pobo. No rural mórrese a diario pero mentras se vive, hai que facelo con dignidade. Por iso é un deber protestar fronte ao desmantelamento dos servizos básicos no rural.

Escravitude disfrazada

Dúas mulleres padaung (‘’mulleres xirafa’’) en Tailandia. Pódese ver a tristeza nos ollos dunha delas: exiliadas de Birmania e baixo as miradas incesantes dos turistas, este é o seu único medio de supervivencia.

O camiño da orde de Santiago

Por diante ábrese un Camiño cheo de posibilidades…O antigo Camiño da Orde de Santiago que cruzaba o Concello de Folgoso do Courel ( Lugo) apartando en Vilafranca do Bierzo( León) e xuntaba co Camiño Francés no Mosteiro de Samos...Cantos peregrinos pasarían por este Camiño esquecido?? Quen terá que pasar por aquí para que se recupere de novo? Quen terá que vir a descubrirlo…? Entrementes; na liña divisoria de Galicia e a Castela-León, os fitos naturais conviven cos soños...

Reflexo da realidade

A fotografía amosa a unha nena dun asentamento irregular de Montevideo, onde carecen de saneamento básico e o principal medio de vida e a recollida e reciclaxe de lixo.

A violencia como xogo

A fotografía amosa a un neno de un barrio marxinal en Sudamerica. Onde existen altos niveis de delincuencia e violencia os que os nenos/as están expostos diariamente.

Salud sin fronteras

Verano 2019. El paciente solo habla senegalés. Nos ponemos en contacto con la Cruz Roja. Hubo suerte: un senegalés habla francés y está aprendiendo español. En la foto están los tres en la consulta de "Educación para la diabetes" : el paciente, el alumno de español y la profesora de español que habla francés. Fuera de la consulta están los voluntarios que los trajeron en el coche de la Cruz Roja, que organizaron el encuentro. Dieron permiso para la foto, que fue enviada a la dirección del centro para hacer visible una realidad cada vez más frecuente en nuestro hospital y reclamamos un servicio de traducción oficial.

Sempre hai esperanza

Aldea de Hórreos no Concello de Folgoso do Courel ( Lugo) Logo de tantos anos baleira, logo de ser abandoada, logo de tanta desfeita…Voltou á vida…Sempre hai unha esperanza, unha porta aberta en algures…Un exemplo das reviravoltas que da a vida. No Traballo Social nada está perdido…

2020? Tanto por facer...

Esa fotografía foi tomada o pasado 14 de xaneiro de 2020, nunha das prazas principais de Asunción (Paraguay) preto da Catedral da cidade, sobre as 11 da mañá nun día laborable, observando a tres irmáns, nenos da Rúa, sen escolarizar sen ningún maior que os protexa, coidando o maior dos pequenos.. que se de me encolleu a alma… Non é una foto artística senom collida co mobil mentras camiñaba que quería compartir.

Branco e negro ou cor?

Ti elixes, ela xa non pode, vive o seu mundo con cor.

Un autónomo con plena autonomía

Esta foto foi cedida por Diego Perez Vázquez, un mozo invidente de 38 anos.
Quedou cego por un desprendemento de retina irreversible cando tiña 21 anos, nese momento estaba estudando fisioterapia na Universidade da Coruña, este feito supuxo un antes e despois na vida de Diego. Pero este suceso non foi quen de impedirlle saír adiante e continuar coa súa vida.
Rematou os seus estudos e montou unha pequena clínica, seguiu preparándose e despois de 10 anos de experiencia laboral, decidiu expandir o negocio, ó tempo que iba aceptando que estaba cego (o que máis lle costou foi dar o paso de aprender a manexar o bastón pero era necesario para que lle concederan o seu can-guía)
Hoxe en día dispón de instalacións de fisioterapia de logopedia e de psicoloxía en dous concellos da Costa da Morte, ademáis de colaboración coa Once.
Este é Diego, un exemplo de esforzo e constancia que sempre loitou pola súa autodeterminación e autonomía en todos os eidos da vída. Ole, Diego!!

Intercambio xeneracional

Esta foto foi cedida por unha das miñas alumnas do Certificado de Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio que se está a impartir na localidade de Cee.
Nela reflíctese o beneficioso que pode resultar traballar as redes sociais da persoa para favorecer a súa integración social. Ademáis pode observarse un encontro de persoas de distintas idades que se xuntan para lograr un obxectivo común. Os profesionais do traballo social no eido de maiores non debemos de esquecer traballar para favorecer os encontros entre xeneracións polos beneficios que aportan para todos/as.

Traballando man a maíña

Avoa coidadora ensina ao seu neto as labores que realiza no seu día a día e deixa que el as experimente e aprenda con elas.

AUGA. NENAS WAYÚU

Cabo da Vela. A Guajira. Colombia. A imaxe amosa a dúas nenas wayúu coa súa dose diaria de auga potábel. Son crianzas que dende moi pequenas aprenden a sobrevivir no árido deserto da Alta Guajira; un lugar onde non chove, onde os pozos ou jagüeyes están lonxe ou desabastecidos, onde a desnutrición infantil, a falta de auga e as mortes até os cinco anos son unha constante.
Elas carecen dos dereitos básicos e imprescindíbeis para a vida, o acceso á saúde, á seguridade alimentaria, á hixiene e a auga. Viven a carón do mar pero sen desalinizadoras que lles permitan poder beber ou asearse, comer alimentos non contaminados, nutrirse, xogar ... Son nenas que acostúmanse a deambular con sede e sen rumbo baixo un sol inclemente.
É unha infancia perdida e en extrema vulnerabilidade, abandonada polas autoridades que, malia as promesas, siguen mirando para outro lado.

CEMITERIO “LA AMÉRICA”

Cidade de Medellín. Colombia. O exterior deste camposanto, cercano á Comuna 13 de Medellín, amosa a terríbel dor de deixar marchar a quen se quer e a impotencia do que é inxusto.
Nestos muros do cemiterio “La América” atópanse as cinzas das persoas queridas a pé de rúa, os restos das abandonadas, dos pobres e das migrantes, dos suicidas, daqueles corpos non identificados e sobre todo das vítimas do conflito armado de Colombia.
Son muros cargados de estética alegre e de cultura popular pero que están excluídos do territorio da memoria, ánimas en repouso até que a Nai Terra as leve ao seu último destino.

Monte Gurugú

No Monte Gurugú (Marrocos) podes ver ao lonxe Melilla e a valla que marca a fronteira entre África e Europa. Alí acampan grupos de inmigrantes de diferentes nacionalidades á espera de poder saltar o valado. Non hai auga, nin luz eléctrica nin teito sólido. Alí só se pode facer unha cousa: agardar. E iso era o que facía Stephanie, a dona da mochila que súa nai, unha sudanesa desterrada pola súa familia pendurou da árbore.

Crianza do rural

Un neno criándose no mundo rural... A pesar da modernidade actual podemos seguir atopando pequenos cornechos coma este que seguen no mesmo estado no que os desfrutaron e viviron os avos e avoas ou incluso bisavós e bisavoas destas crianzas. Pódese asi apreciar o moito que evolucionou Galiza nos últimos anos... E o inmutable que permaneceu nalgúns lugares.

Alienación

No Millenium Bridge, en Londres, a xente camiña como unha autómata. É moi cedo pero fai frío e comeza a porse o sol. Londres é o expoñente máximo do consumismo e o neoliberalismo. As formiguiñas deste sistema pasan pola ponte, sen protestar. E dentro de toda a beleza da súa arquitectura, paisaxe e patrimonio ves miradas perdidas, pés arrastrados e individualismo.

En Positivo

Breve resumo:Chamou a miña atención esta imaxe que aconteceu nunha cidade galega: unha muller conducindo un autobus. Gústame porque é unha imaxe en positivo, que reflicte a conquista (pasiño a pasiño) das mulleres na vida pública: a presenza en postos de traballo -ata o de agora- claramente masculinizados. Xa me topei con esta imaxe (gratamente sorprendida) dentro dos autobuses urbáns da miña cidade noutras ocasións, e desta a perspectiva da fotografía (sen rostro) representa a todas as mulleres que ao longo da nosa istoria foron pioneiras, abrindo camiño as novas xeracións e soportando a pesada carga dalgunhas miradas de desconfianza, indiferenza ou mesmo desprezo. Todas elas merecen o noso recoñecemento e agradecemento. Penso que é bo amosar que no social tamén hai unha mirada en positivo: afortunadamente hai conquistas, avances, etc . Xa non hai volta atrás, sempre cara adiante ainda que sempre haberá quen lle amole.

Os Camiños

Escollín esta imaxe pola súa potente alegoría: amosa a problemática da vivenda en tódalas súas manifestacións na nosa sociedade actualmente: dende a súa carencia (homes e mulleres "sen teito"), a súa precariedade ( o chamado "chabolismo vertical" pois moitas vivendas carecen de condicions mínimas de habitabilidade y de subministración básica), a desigual relación entre inquilinos e propietarios/inmobiliarias e todo o que isto xenera (abusos nos contratos de aluguer, imposición de seguros de impagos, elevadas fianzas...) e o sistema que afoga as familias: prezos de aluguer ou compra de vivenda imposibles de afrontar co soldo mínimo interprofesional ou rendas mínimas, o medo a formar parte da traxedia dos desafiuzamentos , as ocupacions ilegais, as vivendas valeiras etc
E alí estaba ÉL e a súa caixa ( de soños?, desexos?, inquedanzas?.....).Que cada quen a encha do que lle suxira. A mín suxírime a busca do camiño. Cada un de nós imos trazando o noso.....cos catro puntos cardinais como referencias; cos CATRO CAMIÑOS posibles ou quizais moitos mais.......

previous arrow
next arrow
Slider