¿QUÉ É O EXERCICIO LIBRE?
A listaxe de profesionais en exercicio libre é un servizo específico que ofrece o COTSG á cidadanía, empresas, asociacións non lucrativas, administracións públicas, etc.
Este listado foi actualizado no mes de novembro de 2025, e ten vixencia para o ano 2026.
Esta lista esta publicada na páxina web do Colexio para que calquera persoa, empresa, asociación ou entidade poda contratar os seus servizos, sendo o/a cliente quen decide a que profesional desexa contratar.
A orde dos profesionais é alfabética en relación ao seu apelido, inclúe os datos básicos de contacto. A distribución por provincias faise en función do seu domicilio, pero non implica que non realicen servizos noutras provincias. Se desexa ter máis información sobre a experiencia ou especialización profesional antes de contratar os servizos de das persoas recollidas nesta listaxe pode solicitarllo directamente a elas.
O Colexio non intervén en ningún proceso de selección do/a profesional que se requira, sendo a súa función o informar e poñer a disposición de calquera entidade e/ou persoa a presente listaxe, así como velar por unha correcta praxe e ética profesional.
Se precisas máis información podes enviar un correo a info@traballosocial.gal
LISTAXES PROFESIONAIS
QUE SON AS LISTAXES PROFESIONAIS?
As listaxes profesionais do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) reúnen a persoas colexiadas que cumpren os requisitos establecidos para desenvolver diferentes actividades e funcións profesionais no ámbito do Traballo Social.
As listaxes teñen como finalidade facilitar o contacto entre profesionais e administracións, entidades, empresas e cidadanía, así como favorecer a profesionalización, a visibilidade e o acceso a novas oportunidades profesionais.
O acceso e funcionamento das listaxes están regulados polas Bases reguladoras das listaxes profesionais do COTSG
BUSCAS UNHA PERSOA PROFESIONAL?
Consulta as listaxes profesionais actualizadas e atopa profesionais segundo o ámbito de actividade que necesitas.
LISTAXES PROFESIONAIS 2026–2027
- Docencia
- Expertas independentes
- Profesionais de exercicio libre
- Tribunais
- Mediación
- Peritaxe
QUERES INSCRIBIRTE NAS LISTAXES PROFESIONAIS?
Eres unha persoa colexiada e queres formar parte dunha ou varias listaxes? Consulta previamente os requisitos específicos de cada unha.
Prazo de inscrición e renovación
Do 1 ao 31 de outubro de cada ano
Durante este período poderás solicitar a alta ou renovación nas listaxes profesionais.
IMPORTANTE
A inscrición nas listaxes ten vixencia anual.
Para continuar formando parte dunha listaxe no ano seguinte, será necesario renovar e confirmar expresamente a inscrición cada ano, así como actualizar os datos profesionais, de contacto e, cando corresponda, a documentación acreditativa dos requisitos e méritos.
A inscrición non se renova automaticamente.
DESCARGAS AS BASES DAS LISTAXES:
Solicitude de Alta (só está dispoñible no mes de outubro)
Solicitude de Baixa
solicita a inclusión na listaxe cubrindo o seguinte formulario
solicita a exclusión na listaxe cubrindo o seguinte formulario
Servizo correo electrónico profesional
O Consejo General de Trabajo Social dispón do servizo de correo electrónico profesional dirixido ás persoas colexiadas.
A través desta nova prestación, o colexio poderá xerar, previa solicitude, contas de correo electrónico profesional co dominio@col.cgtrabajosocial.es.
Esta conta permitirá ás persoas colexiadas dispoñer dun enderezo de correo electrónico vinculado á súa actividade profesional e ao sistema colexial.
Como solicitar a túa conta?
Solicita a túa conta de correo profesional enviando un correo a info@traballosocial.gal






