Funcionamento do servizo de permutas:

Este servizo ten como obxectivo poñer en contacto ás persoas colexiadas. O funcionamento será o seguinte:

  • As persoas interesadas en permutar dirixiranse ao COTSG enviando unha solicitude mediante o formulario que se facilita neste servizo. Este formulario conterá os datos necesarios para identificarse e os correspondentes ao posto de traballo que permitan valorar a posibilidade de permuta para as persoas destinatarias.
  • Os datos que se farán públicos son unicamente os do posto de traballo, sen incluír datos persoais. O único dato de identificación que se publicara será o número de colexiación.
  • Se algún colexiado ou colexiada ten interese na oferta anunciada enviara un mail ao enderezo electrónico info@traballosocial.gal e os seus datos de identificación e de contacto seranlle facilitados a persoa que publicou a oferta.
  • O proceso entre as dúas persoas é privado e desenvolverano entre elas.

Enviar proposta de permuta

Normativa básica en materia de permutas

A permuta é un procedemento de mobilidade de postos de traballo dentro da Administración Pública que se debe realizar cumprindo unha serie de requisitos coa autorización do órgano competente.

Para o persoal funcionario de carreira no ámbito da Administración Pública galega resulta de aplicación o artigo 99 da Lei 2/2015, de 29 de abril, del Emprego Público de Galicia, cuxo contido é o seguinte:

  • Poden autorizarse permutas de postos de traballo entre persoal funcionario de carreira da mesma Administración pública ou de entidades públicas instrumentais dependentes desta, sempre que concorran as seguintes circunstancias:
    • a. Que os postos de traballo teñan o mesmo complemento retributivo, poidan ser ocupados por persoal funcionario do mesmo subgrupo ou grupo de clasificación profesional, no caso de que este non teña subgrupo, corpo ou escala, e a súa forma de provisión sexa o concurso ordinario.
    • b. Que as persoas que pretendan a permuta prestasen un mínimo de cinco anos de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira.
    • c. Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa.
  • As permutas de postos de traballo contempladas neste artigo autorizaranse polo procedemento que se estableza regulamentariamente, previo informe dos correspondentes órganos competentes en materia de persoal.
  • O persoal funcionario de carreira ao que lle fose autorizada unha permuta de postos de traballo quedará sometido ao seguinte réxime:
    • a. Deberá permanecer no posto obtido por permuta un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión de postos de traballo.
    • b. No prazo de cinco anos a partir da concesión dunha permuta non se autorizará outra a ningunha das persoas interesadas.

Así mesmo, o Decreto 151/2022 que regula os procedementos de mobilidade do persoal funcionario, ven a desenvolver en detalle o procedemento para a tramitación das permutas.

Resumo de requisitos principais persoal funcionario de carreira:

  • Postos de traballo do mesmo nivel e complemento retributivo.
  • Mesmo subgrupo ou grupo profesional.
  • ≥ 5 anos de servizos efectivos como funcionario.
  • Que non falten menos de 5 anos para a xubilación forzosa.
  • Permanencia mínima de 2 anos no posto tras a permuta.
  • En 5 anos non se autoriza outra permuta.

Pola súa parte, a regulación das permutas para o persoal laboral faise a través da negociación colectiva, polo que ten que estar recollida no seu respectivo Convenio Colectivo da Administración ou entes instrumentais para os que presta os seus servizos.

Para o persoal laboral da Xunta de Galicia o dereito de permuta ven recollido no artigo 17 do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, que establece o seguinte:

“Poderanse conceder permutas ou rotacións de posto de traballo entre dous ou máis traballadores/as, persoal fixo, cando concorran as seguintes circunstancias:

  • Que conten con máis dun ano de servizos continuados na Administración.
  • Que teñan idénticas categorías laborais.
  • Que lles falten aos/ás traballadores/as máis de cinco anos para a xubilación.
  • Que se emita informe previo favorable das xefaturas respectivas e do comité de empresa ou Comité Intercentros cando afecte a máis dun comité de empresa.

No prazo de dous anos a partir da concesión dunha permuta ou rotación, non se lle poderá autorizar outra a calquera dos/as interesados/as.

A concesión da permuta ou rotación non dará dereito ao aboamento de gastos nin de indemnizacións de ningunha clase.

A Xunta de Galicia levará a cabo as xestións precisas para que este tipo de permuta ou rotación se poida realizar con persoal laboral doutras comunidades autónomas. Estas permutas, no caso de se levaren a cabo, comunicaránselle ao Comité Intercentros”.

Formulario de propostas de permutas

Datos

Nome, apelidos, mail e teléfono non serán publicados, pero o resto sí.

Nota: os campos con * son obrigatorios.

Permutas ofertadas

No Permutas Found!