Colexiación
Vantaxes
A colexiación é de carácter obrigatorio para o exercicio profesional nos casos previstos na lei. Bríndalle á persoa diplomada e/ou graduada en Traballo Social unha serie de beneficios, desde o punto de vista informativo, de axuda e de interese; ao mesmo tempo que se lle orienta e asesora desde un órgano profesional.
Vantaxes por estar colexiada/o no COTSG:
- Formar parte dun colectivo que apoia os intereses profesionais, fomenta a solidariedade profesional e promove o progreso e o prestixio do Traballo Social.
- Participar na estrutura colexial a través das Asembleas Xerais, Xunta de Goberno, grupos de traballo e comisións formadas por profesionais expertos e expertas en diversos sectores.
- Asesoría Profesional e Xurídica.
- Dereito de acceso a todos os servizos do COTSG (bolsa de emprego, orientación laboral, formación con descontos para persoas colexiadas, préstamo de fondos bibliotecarios, envío de publicacións e comunicacións periódicas de novidades informativas, …).
- Posibilidade de incorporación á listaxes profesionais (peritaxe sociais).
- Incorporación e acceso aos servizos do Consejo General de Diplomados en Trabajo Social (conta de correo electrónico con carácter corporativo, acceso a área restrinxida da web, etc.).
- Dedución da cota colexial na declaración do IRPF, sempre que se exerza a profesión.
- Dispoñibilidade de uso dos espazos e materiais do COTSG.
- Descontos en convenios para o colectivo (pólizas colectivas de seguros como sanidade, fogar ou responsabilidade civil profesional) e descontos en cadeas hoteleiras e axencias de viaxes.