Xa podes visitar a nova páxina Fervenzas

Fervenzas

Fervenzas é a revista galega de Traballo Social que acepta, para a súa difusión, traballos orixinais e inéditos de interese para a disciplina e para esta profesión en Galicia.

Os traballos son publicados atendendo ao seu interese ou o seu valor científico e/ou profesional. Teñen prioridade aqueles artigos que respondan a outros xa aparecidos en números anteriores da revista, ou aqueles que sexan continuación dalgunha temática de interese.

Ficha técnica

Título: Revista Galega de Traballo Social “Fervenzas”
ISSN: 1698-5087
ISSN electrónico: 2254-7657
Ano de inicio da publicación: Decembro 1997
Periodicidade:  Anual
Editor: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

As seccións nas se encadrarán os traballos son:

ARTIGOS

Investigacións, experiencias profesionais, análises teóricas, metodolóxicas e técnicas, etc.

EN REDE

Presentación descritiva dun equipamento, programa, servizo, asociación, etc.

ENTREVISTA

Entrevista a persoeiros de especial interese para o Traballo Social.

RECENSIÓN DE PUBLICACIÓNS

Comprende comentarios e opinións críticas de libros, revistas, coleccións editoriais… En definitiva, de calquera fonte documental de interese para o Traballo Social.

ESPAZO ABERTO

Comentarios de documentais, filmes, páxinas web, noticias de especial interese para o Traballo Social, etc.

FICHA DE INVESTIGACIÓN SOCIAL

Fichas-resumo de teses ou tesiñas.

Presentación de traballos para o vindeiro número de Fervenzas 

Prazo aberto ata o 31 de outubro de 2023

Enviar  SOLICITUDE a:  fervenzas@traballosocial.gal

Imprescindible seguir as normas de publicación.