Fins e funcións
Os Estatutos Particulares do COTSG regulan o funcionamento da entidade colexial, na que se recollen os seus fins esenciais:
- Ordenación do exercicio da actividade profesional
- Representación exclusiva da profesión na Comunidade Autóma de Galicia
- Observancia dos principios xurídicos, éticos e deontolóxicos
- A formación permanente das persoas colexiadas
- Defensa dos intereses profesionais das persoas colexiadas
Entre as súas funcións máis salientables están:
- Exercer a representación que establezan as leis
- Colaborar coas Administracións Públicas e outras entidades en relación coa disciplina do Traballo Social
- Promover a participación activa, fomentando o asociacionismo
- Perseguir e denunciar o intrusismo profesional, así como a ilegalidade no exercicio da profesión
- Velar polo cumprimento dos principios éticos e criterios profesionais
- Procurar a harmonía e colaboración entre as persoas colexiadas
- Desenvolvemento de servizos e actividades que redunden nunha mellora da calidade da intervención social
Normativa colexial
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia é unha corporación de dereito público de carácter representativo da profesión, amparada pola lei e recoñecida polo Estado, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.
O COTSG integra ao colectivo profesional de Traballadores/as Sociais que exercen a súa actividade en Galicia, así como as persoas que desexan incorporarse aínda que non estean desempeñando a profesión.
O marco legal polo que se rixen os colexios profesionais, e en concreto, o COTSG é: