Presentación

Segundo a FITS, a disciplina académica do Traballo social promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social, o fortalecemento e a liberación das persoas. Os principios de xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto para a diversidade son fundamentais para a nosa profesión.

Atendendo ao contexto de crise, aos grandes cambios de modelos estruturais e ao vertixinoso avance tecnolóxico, é de rigor resaltar que o Traballo social é unha disciplina que fica sempre ao carón das persoas mais vulnerables acompañándoas nos seus procesos vitais. A nosa profesión está de xeito implacable en primeira liña coas comunidades e familias, na protección a infancia/adolescencia, promovendo a autonomía e o envellecemento activo dentro dun marco de sociedades sostibles, solidarias e de coidados.

Facer fronte ás novas barreiras estruturais que continúan a perpetuar desigualdades, pon en evidencia a necesidade de creación de espazos de discusión e reflexión liderados polo Traballo social, onde as e os profesionais poidan acordar e planificar novas estratexias de acción que mitiguen a pobreza e promovan a inclusión e a cohesión social.

Resulta imprescindible incidir nas políticas públicas e reverter a pirámide de prioridades dos actuais sistemas, situando de novo ás persoas no eixe central dende unha perspectiva humanista, ecoloxista, feminista e de responsabilidade colectiva. Neste senso, dende as estruturas colexiais débese contribuír ao crecemento e ao desenvolvemento profesional ampliando os coñecementos do colectivo e impulsando novas e boas prácticas, defendendo a independencia e velando pola deontoloxía profesional, garantindo así á cidadanía a máxima calidade nas actuacións. Asemade, é fundamental fomentar no colectivo profesional o coidado mutuo con accións que potencien o autocoidado e velen pola saúde da nosa profesión.

Dende a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Traballo Social de Galicia queremos involucrar á toda a profesión e rede colexial na necesidade dunha participación proactiva canalizando as sinerxias de toda a profesión, fomentando as alianzas comúns e utilizar o consenso como método de toma de decisión.

O COTSG conta con mais de 20 anos de historia na comunidade galega, é un logro froito do esforzo individual de moitas/os compañeiras/os apaixonados pola nosa profesión. Desde o inicio, apostaron pola defensa dos intereses das e dos Traballadores sociais, cuestionaron as condicións estruturais que levan á exclusión social e á opresión, e impulsaron iniciativas de cambio que nos situaron como profesionais referentes no ámbito social.

O Traballo social xa vén demostrando ser unha profesión comprometida coa estabilidade social, así como imprescindible e relevante nas vidas das persoas, das comunidades, e por suposto, na persecución dos dereitos humanos e da xustiza económica, ambiental e social.

Miriam Rodríguez Sierra

Presidenta Colexio Oficial de Traballo Social

Xunta de Goberno

Composición da actual Xunta de Goberno:

5

Presidenta

Miriam Rodríguez Sierra

5

Vicepresidenta

Ana Vilar Varela 

5

Secretaría

Ana Rodríguez 

5

Tesouraría

Antonio Doval Canabal

5

Vogal

Belén Vázquez

5

Vogal

María Rosario Capelo Casas 

5

Vogal

Cristina Díaz Mira 

5

Vogal

Elena Gómez Fernández 

5

Vogal

María Isabel Fernández Lema 

5

Vogal

Laura Zapata Criado 

E

Equipo

O Colexio Oficial de Traballo social conta cunha estrutura profesional formada por persoal técnico de Administración e Xestión e  profesionais do Traballo Social, fundamental para executar o Plan de Traballo.

Susana Neo

Administración -ext 1

Traballadora do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia como auxiliar administrativa no departamento de Administración dende o ano 2000 ata a actualidade.

Aquilino Santiago Rei

Administración -ext 1

Levo traballando no COTSG desde xuño do 1997, formo parte do departamento de Administración

David Gontán Varela

Coordinación – ext 2

Traballador social. Coordinador do Colexio Oficial de Traballo Social. A cargo da coordinación do persoal técnico, Defensa da Profesión, Presidencia e Xunta de Goberno.

Ignacio Iglesias

Representación Institucional- ext 6

Xerente do COTSG dende o 1998 ate o 2007, e do 2010 ao 2011. Dende xuño de 2023 incorporado como técnico.

Ana Fungueiriño

MATIASS – ext 4

Traballadora social. Responsable de xestión de contidos do portal web MATIASS, convenio coa Consellería de Política social. 

Julia Álvarez

Avogada responsable da Asesoría Xurídica do Colexio, presto o servizo de asesoramento legal á colexiación en asuntos relacionados co exercicio da profesión. Tamén facilito soporte técnico xurídico á Xunta de Goberno e as traballadoras e traballadores que forman parte do equipo do COTSG.

Manuel Penido

Técnico do SIUSS en convenio coa Consellería de Política Social.
Ex docente na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela durante 18 anos. Formador de cursos SIUSS do Ministerio de Asuntos Sociales y Agenda 2030

María Olivares

Dinamización, área científica e formación – ext. 3 e 5

Traballadora Social. Dinamizadora dos grupos de traballo e autocoidados. Coordinadora da Revista Galega de Traballo Social ‘Fervenzas’. Responsable da área de Formación.

Contacto

Contacta

De luns a venres de 8.00 a 19:00 horas.

Teléfono

Enderezo

Rúa Dublín 6, baixo (Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela.
A Coruña

Fax

981 941 898

COTSG

Sede do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Política de privacidade

Responsable Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG).
Finalidade Atender a súa solicitude de contacto.
Lexitimación O remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos.
Destinatarios O datos de contacto non serán cedidos a terceiros.
Dereitos Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional.
Información adicional Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE.