MESAS ABERTAS
A Mesas Abertas é un espazo de encontro, participación e acción colectiva para compartir inquedanzas, coñecementos, experiencias e impulsar iniciativas comúns.
Un espazo aberto a profesionais e colectivos para debater sobre temas de interese, investigar cuestións de maneira colectiva, participar en consultas e audiencias públicas ou elaborar propostas e respostas ante problemas compartidos con axuda técnica do COTSG. Pode contar con facilitación e acompañamento para desenvolver estas iniciativas.
Queres propoñer unha mesa?
Escríbenos a info@traballosocial.gal co asunto "PROPOSTA MESA ABERTA"
Plan de prevención condutas adictivas Galicia 2026–2030
Espazo para facer propostas, valoración ou suxestións para incorporalas a unha achega conxunta do COTSG. Queres participar? Convocatoria: ata o 26 de outubro de 2026 envía correo a info@traballosocial.gal co asunto: aportación prevención condutas aditivas. Revisa o plan completo en Plan prevención de condutas aditivas galicia
Consulta Pública Profesións Sanitarias
Espazo online para participar na consulta pública previa para a modificación da Lei 44/2003 (LOPS). É unha oportunidade clave para reivindicar o papel do Traballo Social no sistema sanitario, achegando propostas desde a práctica profesional. Queres participar? Envía un correo a info@traballosocial.gal co asunto: MESA ABERTA PROFESIÓNS SANITARIAS. + INFO MINISTERIO SANIDAD|Participa: profesionais colexiadas ámbito sociosanitario
Convocatoria 9 de abril do 2026 16:00 a 17:00h
Lei Galega de Infancia e Adolescencia
Espazo online dirixido a profesionais colexiadas do ámbito da infancia, co obxectivo de xerar un espazo de reflexión e intercambio arredor da consulta públcia da futura Lei galega de infancia e adolescencia |Participa: profesionais colexiadas ámbito infancia
Convocatoria 12 de marzo do 2026 18:30h
Creación Comisión Técnica de Residencias
Espazo online para valorar a creación dunha Comisión Técnica de Residencias, para propoñer solucións dende a profesión e contribuír á mellora da situación das residencias en Galicia desde a experiencia e a profesionalidade |Participa: profesionais colexiadas.
Convocatoria 3 de marzo do 2026 ás 17:00h
Anteproxecto de Lei de Administración Local de Galicia
Consulta pública suxestións sobre a nova regulación da administración local galega |Participa: profesionais colexiadas.
Convocatoria 12 de febreiro do 2026
Lei de Axente de Igualdade
Consulta audiencia pública do Anteproxecto para o Ministerio de Igualdade |Participa: GT Feminismos.
Convocatoria 31 xaneiro de 2026
Proxecto de Decreto do Estatuto das Mulleres do Rural de Galicia
Consulta pública para o Proxecto de Decreto polo que se aproba o Estatuto das Mulleres do Rural de Galicia da Xunta de Galicia | Participa: GT Feminismos e profesionais colexiadas.
Convocatoria online 17 e 18 de decembro 2025
Anteproxecto de Lei Orgánica de medidas en materia de Violencia Vicaria
Audiencia pública para o Ministerio de Igualdade | Participa: GT Feminismos e Comisión Infancia e Familia
Convocatoria Online 21 e 25 de outubro 2025
Lei de Axente de Igualdade
Consulta pública para o Ministerio de Igualdade |Participa: GT Feminismos.
Convocatoria Online 6 e 9 de outubro 2025
Protocolo de Seguridade para o Persoal Laboral do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)
Aportacións para a creación do protocolo en Galicia | Participa: GT SAF.
Convocatoria agosto 2025
FORMULARIO PARA OS GRUPOS DE TRABALLO, COMISIÓNS TÉCNICAS E MESAS ABERTAS
Se tes algunha proposta, queres obter máis información, inscribirte ou solicitar a baixa dalgún dos grupos de participación, podes solicitalo a través do seguinte formulario.
| Resposable | Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). |
| Finalidade | Atender a súa solicitude de contacto. |
| Lexitimización | O remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos. |
| Destinatarios | O datos de contacto non serán cedidos a terceiros. |
| Dereitos | Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional. |
| Información adicional | Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE. |
