¿QUÉ É O EXERCICIO LIBRE?
A listaxe de profesionais en exercicio libre é un servizo específico que ofrece o COTSG á cidadanía, empresas, asociacións non lucrativas, administracións públicas, etc.
Este listado foi actualizado no mes de novembro de 2025, e ten vixencia para o ano 2026.
Esta lista esta publicada na páxina web do Colexio para que calquera persoa, empresa, asociación ou entidade poda contratar os seus servizos, sendo o/a cliente quen decide a que profesional desexa contratar.
A orde dos profesionais é alfabética en relación ao seu apelido, inclúe os datos básicos de contacto. A distribución por provincias faise en función do seu domicilio, pero non implica que non realicen servizos noutras provincias. Se desexa ter máis información sobre a experiencia ou especialización profesional antes de contratar os servizos de das persoas recollidas nesta listaxe pode solicitarllo directamente a elas.
O Colexio non intervén en ningún proceso de selección do/a profesional que se requira, sendo a súa función o informar e poñer a disposición de calquera entidade e/ou persoa a presente listaxe, así como velar por unha correcta praxe e ética profesional.
Se precisas máis información podes enviar un correo a info@traballosocial.gal
QUE SON AS LISTAXES PROFESIONAIS?
As listaxes profesionais do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) reúnen persoas colexiadas que cumpren os requisitos establecidos para desenvolver diferentes actividades e funcións profesionais no ámbito do Traballo Social.
As listaxes teñen como finalidade facilitar o contacto entre profesionais e administracións, entidades, empresas e cidadanía, así como favorecer a profesionalización, a visibilidade e o acceso a novas oportunidades profesionais.
O acceso e funcionamento das listaxes están regulados polas Bases reguladoras das listaxes profesionais do COTSG .
BUSCAS UNHA PERSOA PROFESIONAL?
Consulta as listaxes profesionais actualizadas e atopa profesionais segundo o ámbito de actividade que necesitas.
Docencia
Consultar listaxeExpertas independentes
Consultar listaxeProfesionais de exercicio libre
Consultar listaxeTribunais
Consultar listaxeMediación
Consultar listaxePeritaxe
Consultar listaxeQUERES INSCRIBIRTE NAS LISTAXES PROFESIONAIS?
Es unha persoa colexiada e queres formar parte dunha ou varias listaxes? Consulta previamente os requisitos específicos establecidos para cada unha delas.
PRAZO DE INSCRICIÓN E RENOVACIÓN
Durante este período poderás solicitar a alta ou renovación nas listaxes profesionais.
IMPORTANTE
A inscrición nas listaxes ten vixencia anual.
Para continuar formando parte dunha listaxe no ano seguinte, será necesario renovar e confirmar expresamente a inscrición cada ano, así como actualizar os datos profesionais e de contacto e, cando corresponda, achegar a documentación acreditativa dos requisitos e méritos.
