COMISIÓNS TÉCNICAS
Comisión Técnica de Centros de Atención a Persoas Adultas
A Comisión Técnica de Centros de Atención a Persoas Adultas do COTSG traballa para visibilizar e reivindicar o papel das traballadoras sociais neste ámbito, identificar as súas necesidades e promover propostas que melloren as súas condicións profesionais e institucional.


Enquisa sobre a situación do Traballo Social nos centros de atención a persoas adultas
Dende a Comisión Técnica estamos a recoller información sobre a situación das traballadoras sociais que desenvolven, ou desenvolveron, a súa actividade profesional nestes centros. Queremos coñecer de primeira man as vosas experiencias: funcións, tempo dispoñible para a intervención social, dificultades, condicións de exercicio profesional e recoñecemento do papel do traballo social.
- Se es traballadora social e traballas actualmente neste ámbito, ou traballaches nel, tamén nos interesa moito coñecer a túa experiencia.
- A enquisa é totalmente anónima e require poucos minutos.
A información recollida será fundamental para documentar a situación profesional e trasladar as necesidades e demandas do colectivo ás administracións e aos seus representantes públicos.
A túa experiencia é importante! Axúdanos a visibilizar a situación do Traballo Social neste ámbito.
PARTICIPA NA ENQUISA: Enquisa aberta dende o 14 de outubro do 2026
FORMULARIO PARA OS GRUPOS DE TRABALLO, COMISIÓNS TÉCNICAS E MESAS ABERTAS
Se tes algunha proposta, queres obter máis información, inscribirte ou solicitar a baixa dalgún dos grupos de participación, podes solicitalo a través do seguinte formulario.
| Resposable | Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). |
| Finalidade | Atender a súa solicitude de contacto. |
| Lexitimización | O remitirnos a súa consulta consideramos que estamos lexitimados para tratar os seus datos. |
| Destinatarios | O datos de contacto non serán cedidos a terceiros. |
| Dereitos | Pode opoñerse o tratamento de seus datos e exercitar o resto de dereitos consultando a información adicional. |
| Información adicional | Para máis información, consulte a nosa POLITICA DE PRIVACIDADE. |
