Grupo de Traballo SAF
O grupo de traballo de Servizos de Axuda no Fogar (SAF) está integrado por traballadoras sociais colexiadas con experiencia neste ámbito de intervención. A través do intercambio de coñecementos e experiencias profesionais, traballan conxuntamente para analizar a realidade dos servizos, identificar necesidades e impulsar propostas que contribúan á mellora da calidade da atención e ao fortalecemento do traballo social neste ámbito.
Liñas de traballo 2026-2027
Durante este curso, o grupo de traballo centrará a súa actividade en dar continuidade ao traballo desenvolvido en etapas anteriores e avanzar en dúas liñas prioritarias no ámbito do SAF:
- Observatorio Galego de SAF. Impulsar o seu desenvolvemento como espazo de coñecemento, análise e visibilización da realidade dos Servizos de Axuda no Fogar en Galicia, contribuíndo á identificación de necesidades e á formulación de propostas de mellora.
- Revisión das ordenanzas municipais de SAF. Analizar o marco regulador existente e avanzar na elaboración de propostas orientadas á súa actualización e mellora, desde unha perspectiva profesional e co obxectivo de contribuír á calidade e á coherencia dos servizos.
Así mesmo, o grupo procurará consolidar o traballo iniciado en cursos anteriores, concretar propostas e avanzar na elaboración de resultados útiles para o conxunto da profesión, contribuíndo ao fortalecemento do traballo social e á mellora da calidade do SAF en Galicia.
Participantes





