Notas de prensa

O Colexio de Traballo Social de Galicia volve reclamar a inclusión do traballo social nas Comisións de garantía e avaliación da eutanasia e denuncia a demora no desenvolvemento destas

O COTSG reivindica os coñecementos e a experiencia acumulada deste perfil profesional para pór en consideración as circunstancias sociais e sociosanitarias de cada solicitude, garantindo que a decisión responda da mellor forma posible ás necesidades e desexos da persoa

O Colexio de Traballo Social identifica dez graves eivas na protección da infancia en Galicia

O COTSG lembra que a Lei Orgánica de Protección da Infancia recentemente aprobada supón “un avance”, pero pide o cumprimento escrupuloso da normativa legal.

A Comisión de Infancia e Familia estrutura a súa análise nun decálogo que recolle as principais eivas detectadas en base á experiencia con menores e familias

 

O COTSG e a Xunta renovan o convenio da Garda Social Permanente para Mulleres Vítimas da Violencia Machista

  • A Quenda ofrece acompañamento social de urxencia e especializado durante as 24 horas todos os días do ano
  • Actívase por parte das Forzas e Corpos de Seguridade e os Xulgados con competencias en violencia de xénero

O Colexio de Traballo Social reclama á Xunta utilizar os mecanismos legais para impedir que as persoas preceptoras da RISGA e o IMV asuman os custos da descoordinación entre institucións

O COTSG lembra que existen mecanismos para afrontar esta situación sen prexudicar á persoa perceptora, incluíndo a condonación.
Reclaman que as e os traballadores sociais conten coa información axeitada para asesorar adecuadamente ás persoas usuarias no proceso de intervención social.

O Colexio Oficial de Traballo Social volve pedir unha adaptación da normativa sobre o SAF á actual situación e priorizar a vacinación do persoal

  • A institución considera “descontextualizadas” as declaración da conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha entrevista radiofónica
  • O COTSG recorda que o recoñecemento da dependencia para persoas usuarias acumula ata un ano de atraso
  • As e os profesionais de SAF deben ser obxectivo prioritario da campaña de vacinación

O Colexio Oficial de Traballo Social insta á Xunta a apostar pola vía dos servizos públicos para o SAAD

  • O Colexio reclama que os 600 millóns de euros de orzamento que manexará o Consello Territorial de Servizos Sociais sirvan para desenvolver un sistema público flexible e áxil.
  • Esixen á Xunta a non volver á vía da privatización.
  • O COTSG considera que urxe dotar aos Servizos de Dependencia Provinciais dun maior número de persoal técnico e administrativo

O Colexio Oficial de Traballo Social volve esixir a vacinación urxente do persoal de Traballo Social e denuncia a desorganización do proceso

  • O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) aínda non recibiu resposta das Direccións Xerais de Saúde Pública e de Atención Sociosanitaria sobre as súas reclamacións

  • Lembran que o Traballo Social está considerado profesión esencial desde que iniciou a pandemia de COVID-19 en marzo de 2020

O Colexio de Traballo Social esixe a vacinación urxente para as Traballadoras sociais

  • O COTSG enviou unha misiva neste sentido tanto á FEGAMP como ás consellerías de Sanidade e Política Social da Xunta de Galicia.

  • Recordan que o exercicio do Traballo Social presupón períodos de contacto prolongado con terceiras persoas.

O Colexio Oficial de Traballo Social reclama melloras para que as persoas vulnerables poidan acceder aos bonos eléctrico e térmico

Solicitan á Xunta un “servizo servizo específico que preste apoio para a realización dos trámites de información, asesoramento, presentación de documentación e denuncias”

O COTSG reclama á Xunta un protocolo para paliar a “grave situación” na que se atopa o Servizo de Atención no Fogar (SAF) pola covid19

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) reitera, deste xeito, a ausencia de protocolos no eido social nesta crise sociosanitaria e o prexuízo que isto supón para as persoas usuarias