Notas de prensa
Entrevista a Ana Rodríguez, Secretaría do COTSG
A vía de emerxencia está deseñada para maiores que non poden valerse por si mesmos ou que carecen de familia que poida coidalos | Os prezos das residencias privadas, un obstáculo.
O COTSG insta a todas as administracións e entidades a que coiden ás e aos profesionais do Traballo Social ante o esgotamento profesional cada día máis evidente
O Síndrome de desgaste profesional, é ben coñecido polo colectivo profesional do Traballo Social. No COTSG rexistran unha demandan constante por parte das profesionais, ademais de observar que existe unha alta porcentaxe de baixas laborais por cadros de estrés e outras doenzas derivadas del, porque simplemente non aguantan máis. A pregunta é clara, como se chega a esta situación?
Esta escaseza de recursos humanos e de medios, así como a saturación das persoas técnicas debido ao incremento da carga de traballo na xestión e tramitación de prestacións e axudas, son factores que fan que os Servizos Sociais non prevexan os problemas e que deban actuar cando a crise ou a urxencia xa están expostas
O Colexio de Traballo Social de Galicia solicita á Xunta de Galicia a homoxeneidade de todas as persoas afectadas polas contías reclamadas como cobro indebido ás persoas beneficiarias de RISGA que lles foi recoñecido o dereito ao Ingreso Mínimo Vital (IMV).
Ante a alarma social xerada pola reclamación, por parte da Xunta de Galicia, de importantes cantidades económicas ás persoas beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e que recibiron de forma retroactiva os pagamentos de varias mensualidades de Ingreso Mínimo Vital (IMV), e ante as novas sentenzas que obrigan á Xunta de Galicia aos reintegros e devolucións dos pagos reclamados por parte de persoas usuarias, o Colexio Oficial de Traballo Social vén de solicitar á Xunta de Galicia que adopte un criterio homoxéneo para procurar unha maior protección das persoas afectadas que se atopan nunha situación clara de vulnerabilidade.
A Xunta incorre na desprotección sistemática á infancia galega debido á ausencia de políticas Sociais claras
Os novos modelos familiares, o absentismo escolar que se atopa no 21% en Galicia, un longo tempo en entornas dixitais expostos e expostas a diferentes violencias, o incremento das persoas en risco de pobreza (25,7%), o aumento da violencia machista, ou o incremento da taxa de suicidios entre adolescentes, xeran unha vulnerabilidade maior nas crianzas e adolescentes galegos, que agora mesmo non contan cun sistema de protección forte nin cun marco político claro que os poida amparar dun xeito exitoso.
A Comisión de Infancia e familia do COTSG vén de publicar un decálogo coas diferentes eivas detectadas no sistema de protección á infancia, no que manifestan que as atencións adoitan ser puntuais e emerxentes, sen contar cunha política de base preventiva que se adapte as esixencias das problemáticas que están a xurdir cos novos modelos de familias. Na actualidade, a política social aplicada non conta cos procedementos, planificación e coordinación suficiente entre os distintos niveis de intervención, e insisten “debería existir unha autentica coordinación entre as distintas administracións, aberta, apropiada e cooperativa”.
Traballadoras sociais cuestionan un proceso selectivo en Compostela “sen opcións para as persoas confinadas”
O Colexio Oficial de Traballo Social da Galiza denuncia a decisión do Goberno municipal de manter o exame para esta cuarta feira, 5 de xaneiro, “en plena sexta vaga da pandemia”. As persoas opositoras que se atopan en corentena, lamentan, “non terán máis opción que renunciar ao proceso”.
O COTSG lamenta o silencio da Consellería de Educación ante o nomeamento da figura de coordinación de benestar social nos centros escolares.
O Colexio de Traballo Social de Galicia advirte que de designar a unha figura sen a formación suficiente para desempeñar estas labores de coordinación de benestar, estarase incorrendo na desprotección sistemática das crianzas e das e dos adolescentes nas escolas galegas.
Atender coa rigurosidade convinte ás crianzas e ás e os adolescentes nas diferentes necesidades sociais que se lles presentan e poder dotalas da protección social suficiente ante as diferentes violencias as que están expostas e expostas conleva dotar de intervencións sociais profesionalizadas e de calidade ás escolas e isto pasa por establecer perfís profesionais como o do Traballo Social, dado que conta cunha longa traxectoria intervindo nestas situacións.
A Quenda de Garda Social Permanente segue facendo fronte ás violencias machistas.
A Quenda é un servizo público de balde que debe ser activado por Forzas e Corpos de Seguridade, así como por Xulgados con competencias en materia de violencia de xénero
O COTSG lembra que A Quenda pode activarse ante calquera tipo de violencia machista, o que inclúe os delitos sexuais.
Presentación do nome e logo do Grupo de Traballo Social e Feminismos do COTSG
As Sementeiras, é o nome do grupo de “Traballo Social e Feminismos” dependente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) que botou a andar en febreiro de 2020.
O Obxectivo das SemenTeiraS é crear un espazo de encontro, reflexión, debate e traballo profesional encamiñado á realización de actividades reivindicativas e culturais desde unha linguaxe máis accesible e menos académica, onde a defensa do Traballo Social está encamiñada a romper cos modelos sexistas que se atopan no día a día, e que poñen freo aos avances de cara a unha sociedade mais xusta e igualitaria, abrindo foros de reflexión que constrúan pontes de diálogo cara un mundo feminista e sostible.
O COLEXIO DE TRABALLO SOCIAL ALERTA DO DESAMPARO SOCIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMUNIDADE GALEGA
O COLEXIO DE TRABALLO SOCIAL ALERTA DO DESAMPARO SOCIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMUNIDADE GALEGA
• A retirada da Traballadora social no Colexio de Educación Especial Público Saladino Cortizo(Vigo) mobiliza á Comunidade Educativa e preocupa a esta entidade
• Tamén advirten que a Consellería de educación non está tendo en consideración o aspecto social do alumnado e das familias tras as consecuencias a crise económica e social que infundiu a COVID
O Colexio de Traballo Social acusa a Xunta de fomentar o “intrusismo laboral” descargando no profesorado funcións que non lle corresponden
COTSG entende que se precisan profesionais especializadas en Traballo social para a procura de solucións integrais ás situacións complexas que se pretenden abordar no eido educativo a través da Rede Galega de Acompañamento e Orientación persoal e familiar.
Lembra que o profesorado non pode nin debe asumir estas funcións, dado que non conta nin coa formación nin coas ferramentas necesarias para levalas a cabo.