¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE AGOSTO?
18.08.2021. Os Grupos de Traballo de Servizos Sociais Comunitarios e de Inclusión, reúnense para elaborar achegas á nova reforma da Lei de Inclusión de Galicia.
26.08.2021 O departamento de Comunicación reúnese para Trazar novas liñas de traballo.
28.08.2021 O Departamento de Laboral e Defensa da profesión reúnese para continuar co traballo realizado ata o momento.
Cada xoves o Equipo do COTSG mantén reunións de coordinación para unha maior operatividade e efectividade nos proxectos da entidade.
Defensa da profesión
- Recursos e reclamacións interpostos aos seguintes Concellos: Rairiz de Veiga (estimado), Cangas, Cambre e Porriño.
- Recomendacións aos procesos selectivos de: Culleredo, Rois e CIXUG
- O recurso interposto na convocatoria dun posto de educador/a familiar no Concello de Oroso pola titulación de acceso foi desestimado
- Nomeamento de Tribunais dende o COTSG: Concello de Cangas e Bueu
- Listaxes expertas: nomeamento Mesa SAF Concello de Arzúa
Publicación de ofertas de emprego (ofertas): 66
Publicáronse 55 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.
Novas do mes de agosto:
-
- Publícase o Real Decreto 740/2021, de 24 de agosto polo que se regulan a estratexia nacional sobre adiccións e os seus plans de acción. Consulta a nova aquí.
- Mediante a orde do 20 de xullo de 2021 se levará a cabo unha transformación das listaxes de persoal laboral temporal da Xunta. Consulta a nova aquí.
- Vén de presentarse o Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. Consulta a nova aquí.
- Vén de publicarse a Resolución do 5 de agosto de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Consulta a nova aquí.
- Apróbase o catálogo de medidas urxentes do plan de mellora e modernización contra a violencia de xénero. Consulta a nova aquí.
- O pasado mes de maio, O Goberno aprobou o Real Decreto-Leu 8/2021, de 4 de maio, polo que se adoptaban medidas urxentes na orde sanitaria, social e xurisdiccional. Consulta a nova aquí.
Lembra!
- A Quenda de Traballo Social en Violencia de Xénero, segue activa, para máis información, fai clic aquí.
- Seguen abertos os prazos para estos dous concursos: Premios e distincións da Unión Profesional de Galicia 2021 (Incluido no fío) máis o Concurso Deseña a portada da Axenda do COTSG 2022.
- Os Servizos do COTSG están a túa disposición.
- Abriuse a inscrición para o Curso o COTSG: O Traballo Social no Exercizo Libre.
FELIZ INICIO DE SETEMBRO, O COTSG ESTÁ PARA ACOMPAÑARTE!