Apróbase o Catálogo de Medidas Urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero
Data: Abril 23, 2024

Vense de publicar a Resolución de 28 de xullo de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 27 de Xullo de 2021, polo que se aproba o Catálogo de Medidas Urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero.

O Catálogo de Medidas Urxentes do Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero inclúe o traballo en seis áreas determinadas:

  1. Prevención e sensibilización
  2. Detección temperá
  3. Autonomía económica e vivenda para as vítimas
  4. Medidas fronte á violencia vicaria e para a protección de nenos e nenas como vítimas directas da violencia de xénero
  5. Protección e seguridade
  6. Coordinación interinstitucional e formación.

Para Acceder a esta resolución, pulsa aquí.