Programa Xuventude Mentoring
Data: Setembro 21, 2021

Vén de presentarse o Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil en colaboración co Consorcio Interuniversitario (CIXUG), integrado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

¿Qué se pretende con este Programa?

• Facilitarlles ás persoas novas tituladas un programa integral de formación e mentoring, da man de persoas expertas, empresarios/as e profesionais con experiencia, co obxectivo de apoiar e optimizar a súa procura de emprego.
• Aumentar a empregabilidade da mocidade, dotándoa de competencias e habilidades actualmente imprescindibles para a súa inserción no mercado laboral: fluidez tecnolóxica, intelixencia social, espírito de innovación, creatividade, habilidades comunicativas…
• Amosarlle ás empresas e profesionais da comunidade autónoma as capacidades e talento das persoas mozas, así como integrar a participación no programa de mentoring como unha boa práctica no ámbito da responsabilidade social empresarial.

¿En que consiste?

Xuventude Mentoring é un programa integral con 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán entre setembro e decembro de 2021:
I. Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
II. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional da persoa moza.
III. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
IV. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Requisitos

  1. Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
  2. Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
  3. Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Podedes acceder as bases do programa e máis o formulario de inscrición aquí