Publícase a resolución pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Data: Maio 8, 2024

Vén de publicarse a Resolución  do 5 de agosto de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Nesta resolución non se contemplan listas propias de Traballo Social, pero si a categoría 007 de tituladas e titulados de grao medio, polo que podería haber profesionais do Traballo Social que se presentaran e estén interesadas e interesados en consultalas.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (Xoves 12 de agosto de 2021), para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Aquí podes consultar a resolución