Deseña a portada da axenda do COTSG 2022
Data: Abril 16, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) pon en marcha un concurso para a creación e deseño de portada e contraportada para as Axendas COTSG 2022, co obxectivo de promover e difundir o ámbito social, o autocoidado e previr patoloxías como o Síndrome de Burnout.

O Premio consistirá en participar gratuitamente nalgún dos cursos do COTSG 2021-2022, ademais de aparecer na portada e/ou contraportada da Axenda do COTSG 2022.

Podes consultalas bases completas do concurso no documento adxunto que se presenta a continuación:

BASES CONCURSO PORTADA axendas COTSG

Anímate a participar!