RESUMO DAS ACTIVIDADES DO EQUIPO E A XUNTA DE GOBERNO DO COTSG DO MES DE AGOSTO DE 2021
Data: Novembro 26, 2024

¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE AGOSTO?

18.08.2021. Os Grupos de Traballo de Servizos Sociais Comunitarios e de Inclusión, reúnense para elaborar achegas á nova reforma da Lei de Inclusión de Galicia.

26.08.2021 O departamento de Comunicación reúnese para Trazar novas liñas de traballo. 

28.08.2021 O Departamento de Laboral e Defensa da profesión reúnese para continuar co traballo realizado ata o momento. 

Cada xoves o Equipo do COTSG mantén reunións de coordinación para unha maior operatividade e efectividade nos proxectos da entidade.

 

Defensa da profesión

  • Recursos e reclamacións interpostos aos seguintes Concellos: Rairiz de Veiga (estimado), Cangas, Cambre e Porriño.
  • Recomendacións aos procesos selectivos de: Culleredo, Rois e CIXUG
  • O recurso interposto na convocatoria dun posto de educador/a familiar no Concello de Oroso pola titulación de acceso foi desestimado
  • Nomeamento de Tribunais dende o COTSG: Concello de Cangas e Bueu
  • Listaxes expertas: nomeamento Mesa SAF Concello de Arzúa

Publicación de ofertas de emprego (ofertas): 66

Publicáronse 55 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.

 

 

 

Novas do mes de agosto:

    • Publícase o Real Decreto 740/2021, de 24 de agosto polo que se regulan a estratexia nacional sobre adiccións e os seus plans de acción. Consulta a nova aquí. 
    • Mediante a orde do 20 de xullo de 2021 se levará a cabo unha transformación das listaxes de persoal laboral temporal da Xunta. Consulta a nova aquí.
    • Vén de presentarse o Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. Consulta a nova aquí. 
    • Vén de publicarse a Resolución  do 5 de agosto de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Consulta a nova aquí. 
    • Apróbase o catálogo de medidas urxentes do plan de mellora e modernización contra a violencia de xénero. Consulta a nova aquí. 
    • O pasado mes de maio, O Goberno aprobou o Real Decreto-Leu 8/2021, de 4 de maio, polo que se adoptaban medidas urxentes na orde sanitaria, social e xurisdiccional. Consulta a nova aquí. 

Lembra!

  • A Quenda de Traballo Social en Violencia de Xénero, segue activa, para máis información, fai clic aquí. 
  • Seguen abertos os prazos para estos dous concursos: Premios e distincións da Unión Profesional de Galicia 2021 (Incluido no fío) máis o Concurso Deseña a portada da Axenda do COTSG 2022.
  • Os Servizos do COTSG están a túa disposición.
  • Abriuse a inscrición para o Curso o COTSG: O Traballo Social no Exercizo Libre.

FELIZ INICIO DE SETEMBRO, O COTSG ESTÁ PARA ACOMPAÑARTE!