As novas do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Día da Terra
Hoxe é o #DíadaTerra . Nesta data cómpre centrar a atención nos desafíos ecolóxicos aos que nos enfrontamos como sociedade e pór en valor un modo de vida sostible. Queremos destacar especialmente o mundo rural como un espazo de sustentabilidade e de relación...
Día Mundial da Saúde
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúde. Unha data que novamente vivimos no medio da pandemia de #covid19 que volve pór de manifesto a necesidade do #TraballoSocial, a intervención social e a abordaxe dos problemas sanitarios en conxunto coa realidade social dos individuos. Dende...
Abandónase a nomenclatura “Asistente/a social” por TRABALLO SOCIAL
O DOG publicou recentemente a ORDE do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do persoal laboral da Xunta de Galicia. Neste...
Oferta Cursos Convocatoria Teleformación COTSG 2021
Cursos: Metodoloxía do Marco Lóxico aplicada a proxectos sociais | 50h | Febreiro-Marzo Traballo Social e Senior Cohousing |100 h | Febreiro-Maio Formación para a docencia. A labor formativa e docente dende o Traballo social | 100 h | Abril-Xuño Creación e xestión de...
Campaña da Renda 2020
Desde o pasado 7 de abril podes presentar telematicamente a túa Declaración da Renda 2020. O prazo remata o 30 de xuño. Ao ser a colexiación un requisito de obrigado cumprimento para o exercicio laboral, tes a posibilidade de deducir a cota colexial na túa declaración...
Ingreso Mínimo Vital
O COTSG reafirma o seu rexeitamento á normativa sobre o Ingreso Mínimo Vital emanada do Real Decreto-lei 3/2021 de 2 e febreiro, que converte ás e os Traballadores Sociais en ferramentas de control e certificación da pobreza. A función das e dos profesionais do...
Vacinación do persoal de Traballo Social
Da estratexia de Vacinación fronte a COVID-19 en España e do Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS- COV-2 derívase a orde de prioridade cronolóxica dos grupos de poboación a vacinar. Na 2a Fase da Estratexia de Vacinación establécese a vacinación de traballadoras e...
Resumo das actividades do equipo e a Xunta de Goberno do COTSG do mes de marzo 2021
05.03.2021 Xuntanza coa Universidade de Vigo para dar comezo á diagnose do Sistema de Servizos Sociais na Comunidade Autónoma galega. 09.03.2021 Reunión do seguimento da páxina Web 13.03.2021 O COTSG acude á Asemblea Xeral do Consello Xeral de Traballo Social...
Consideracións do colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ante o Decreto – lei 3/2021 respecto as novas medidas de reforzo do IMV
Podes descargar o documento aquí: ConsideraciónsIMVcertificado.






