Convócase procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos do Hospital Público de Cee.
Data: Abril 26, 2024

O Servizo Galego de Saúde fixo público o Anuncio do 16 de setembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos do Hospital Público de Cee.

  • As bases íntegras desta convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Público de Cee e na páxina web do espazo do profesional.

  • As solicitudes para participar neste procedemento axustaranse necesariamente ao formulario electrónico existente na Oficina virtual do profesional (FIDES/procesos/mobilidade voluntaria interna) e, tras a súa formalización electrónica, unha vez impresa, deberá presentarse no Rexistro do Hospital Público de Cee ou en calquera dos rexistros referidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais lugares previstos no artigo 10 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Accede ao Anuncio da convocatoria aquí