As novas do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
🗣️ Convocatoria do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia convoca a todas as profesionais colexiadas a participar na manifestación nacional do domingo 5 de outubro. Sumarémonos á Manifestación Nacional Galicia con Palestina para alzar a voz ante dous anos de xenocidio e 77 anos...
📢Emerxencia na Dependencia en Galicia📢
Organizacións sociais, sindicais e políticas —entre elas o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia— lanzamos hoxe a plataforma #EmerxenciaDependencia para denunciar os recortes e o colapso do sistema galego de atención á dependencia. 💔 Máis de 55 persoas...
🎉Benvida colexial no COTSG🎉
No Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia puxemos en marcha un espazo de acollida para as novas persoas colexiadas 🤗 ☕ Unha reunión-café informal, cun ambiente cálido e acolledor, o último mércores de cada dous meses, de 12:00 a 13:00 h, na nosa sede en...
💻Nova Convocatoria propostas teleformación💻
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) abre o prazo de presentación de Propostas de Accións Formativas na modalidade de teleformación co obxectivo de conxugar a promoción da participación dos traballadores/as sociais na práctica docente coa formación...
📢Defensa da profesión: Escrito ao concello de Sanxenxo
📢 O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) presentou un escrito formal ao Concello de Sanxenxo despois de recibir varias queixas de profesionais colexiadas. 📰 O motivo? A recente convocatoria de bolsas de emprego, incluíndo a de Traballo Social,...
🖐️ TRABALLO SOCIAL CONTRA O RACISMO ✊🏽
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia expresa o seu firme rexeitamento e condena os actos racistas e violentos acontecidos contra o centro de atención a menores migrantes en Monforte, onde se lanzaron cócteles Molotov que provocaron un incendio no comedor e...
🤝Reunión celebrada!🤝
📅 O 17 de setembro o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia mantivo un encontro moi produtivo coa Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra María Piñeiro Vilas 👩⚖️ 👤 En representación do COTSG asistiu Isabel Sánchez Fernández, Xefa de Servizo de...
✈️ Simulacro de accidente aéreo en Peinador: coordinación, resposta e intervención social ✈️
O Aeroporto de Peinador realizou un exercicio que reproducía un accidente durante a manobra de aterraxe: a saída da pista por impacto cunha ave, rotura do fuselaxe, derrame de combustible e incendio nun costado do avión. Participaron múltiples colectivos: o persoal de...
📢XUNTANZA POR UN SAF MÁIS SEGURO🤝
O día 9 de setembro participamos na reunión convocada pola Fegamp para abordar a situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). 👥 Asistencia: Representación da delegación do goberno, FEGAMP, sindicatos CC.OO, CIG e UGT, patronal, inspección de servizos sociais, ISSGA,...









