Cada día 1 de decembro, a ONU determinou que se faría a nivel internacional memoria da necesaria loita contra este virus, e esta enfermidade. Este ano é especial, xa que é unha oportunidade importante para destacar o impacto que os recortes de financiamento dos doantes internacionais tiveron na resposta á SIDA, así tamén para mostrar a resiliencia dos países e as comunidades que están esforzándose para protexer os logros conseguidos e impulsar a resposta contra o VIH.
No ano 2025 a nivel internacional unha crise de financiamento histórica ameaza con destruír décadas de progreso. Os servizos de prevención do VIH están gravemente afectados. En saúde pública nun mundo globalizado non hai países estanco, o que sucede nun vai acabar afectando ao resto, polo que a situación actual por altruísmo ou por interese propio é grave e perigosa. A reposta mundial fronte ao VIH, como a outras enfermidades, non pode depender unicamente dos recursos nacionais.
No local, en Galicia, asistimos a esta conmemoración cos datos de transmisión de Infeccións de Transmisión Sexual, entre elas o VIH, en aumento constante. Os riscos, padecementos e custes non se poden obviar, e reclaman unha actuación decidida que impulse programas de educación sexual que aborden dende a globalidade das relación humanas a protección e o coidado para cada un/unha e para as súas parellas.
Son cuestións que no día mundial contra a SIDA podemos aproveitar para repensar.
Podedes seguir ampliando a información no enlace de UNAIDS.

