Día Internacional contra da Violencia de Xénero
Data: Novembro 27, 2025

O COTSG estivo presente nas mobilizacións para a erradicación da violencia de xénero en Santiago a través da acción do grupo de feminismos. A presencia das compañeiras, que portaron unha faixa, co lema ” Se nós paramos, o mundo para. Coidémonos entre nós” durante a manifestación que percorreu as rúas de Compostela o día 24 pola noite, tivo reflexo na foto de portada do xornal “El Correo Gallego”.

Un día no que todas nos posicionamos contra esta lacra que lastra a nosa sociedade, e contras as forzas que negan a súa existencia.