O Consello Xeral do Traballo Social, como representante de toda a profesión conmemora o día 25 de novembro Día internacional contra a violencia machista. Este ano escolleuse o poñer o foco sobre este tipo de violencia en contextos de guerra e desprazamento. Pretendese coñecer como estes contextos repercuten nas mulleres, descubrir como a violencia sexual como arma de guerra, a destrucción das comunidades e dos entornos de coidados, como o aumento da vulnerabilidade económica e relacional esta relacionado con matrimonios forzados ou a prostitución, etc. Realidades que non son visibilizadas pero que afectan as mulleres de xeito diferencial.
Por todo isto, compartimos con vos os seguintes materiais:
- Nova elaborada dende o consello xeral.
- MANIFESTO 25 de novembro.
- Capitulo 14 da serie de “Y esto tambien tiene que ver con el género”. Tratase dun debate arredor de estas cuestións moderado pola Presidenta do Consello Xeral, Emiliana Vicente.

