No mes de setembro tivo lugar en Ourense a oposición na que Carmen Verde foi nomeada Catedrática de Traballo Social. Esta é a primeira cátedra de Traballo Social en Galicia, e a segunda da nosa disciplina ocupada por unha muller no Estado. Para coñecer mellor o funcionamento e a estrutura universitaria e dimensionar o significado desta cátedra, ademais de para coñecer a labor científica de Carmen, facemos esta nova entrada no blog.
Carmen Verde, Catedrática de Traballo Social
Data: Novembro 21, 2025
