
Tips de Autocoidado
Que é a autocompaixón?
Un dos compoñentes principais da autocompaixón é ser máis amables con nós mem@s. É moi probable que cando cometes erros ou consideras que fracasas nalgún aspecto da...
Exercicio de Mindfulness: ¿Coñeces ben o presente?
Ás veces a nosa mente queda atrapada no pasado ou no futuro deixando atrás os beneficios de vivir no presente. Neste post de hoxe encontrarás un exercicio sinxelo de...
A alimentación tamén é autocoidado
Unha alimentación saudable é importante, pero tamén é importante tomar o hábito de comer como un encontro con nós. Desta maneira daremos espazo para comer con...
A xestión do teu tempo
A planificación é unha boa ferramenta que nos axudará co noso autocoidado, aquí tes algúns tips: Decide os teus obxectivos tanto diarios como semanais, podes empregar...
O amor da túa vida es ti
Aínda que pode parecer unha afirmación fácil de levar ao noso día a día, a verdade é que custa darnos amor, a autoesixencia e poñer como prioridade a outras persoas...
Comeza a practicar Mindfulness
En moitas ocasións o ritmo da nosa vida lévanos a desconectar de nós mesmas e mesmos. Practicar mindfulness pode axudar a ter un momento no que parar no día para...
Bibliografía

Sal da túa mente, entra na túa vida
Steven C. Hayes desenvolveu en leste libro cinco pasos para aprender a vivir cos sentimentos que nos xeran dor. Esta estratexia está enfocada na aceptación e a atención plena. Autor: Steven C. Hayes

O home en busca de sentido
O psicólogo Viktor Frankl sufriu en carne propia o Holocausto e a perda de gran parte dos seus seres queridos. Tras ese feito que cambiou a súa vida aprendeu a encaixar as perdas e compartiu neste texto a súa aprendizaxe. Autor: Viktor Frankl
Filmografía

O neno que domou o vento
O tema principal da película é a supervivencia. Retrata a fame negra e a falta de recursos en moitos países, algo que tristemente non deixa de ser de actualidade. Isto fai que se dean diferentes problemas nas familias e nas comunidades e, ante iso, a cinta retrata diferentes estilos de persoas: as que foxen, as que se enfrontan mediante a violencia e as que converten o problema nun reto, é dicir, aquelas que o abordan desde o enfoque en solucións

Un monstro vén a verme
O seu tema principal xira ao redor da morte. Conor, o novo protagonista, enfróntase á grave enfermidade que está a acabar coa súa nai e, por tanto, co seu benestar emocional. Para facerlle fronte utiliza a fantasía, e só grazas a ela logra toparse coa realidade que lle permite comezar o seu período de sanación. Unha gran reflexión sobre as habilidades sociais e a xestión de emocións.
Cancións inspiradoras
Podcasts útiles

Deforme Semanal Total
Deforme Semanal Total é un programa que conducen Isa Calderón e Lucía Litjmaer falando sobre diferentes temas como a culpa, a soidade, os erros, mezclando argumentos propios con historias, relatos e obras de diferentes artistas para desenvolver estes conceptos, sempre desde unha perspectiva feminista.

O Podcast de Cristina Mitre
Podcast que trata temas moi diversos, pero todos arredor da nosa saúde. Encontrarás moita información veraz sobre nutrición, deporte, coidado da pel, coidado de diferentes patoloxías, e todo da man de expertas e expertos nas diferentes materias e cunha visión de xénero moi interesante.
Investigacións
Autocuidado: unha aproximación teórica ao concepto
O autocuidado foi amplamente investigado desde a Teoría do Déficit de Autocuidado de Orem, que ten os seus inicios no ámbito da enfermería onde se concentran a maior...
Traballo social e Síndrome de Burnout. Reflexións sobre intervención profesional actual
A experiencia no exercicio cotián da profesión leva a analizar á síndrome de burnout como unha das respostas ao stress laboral crónico, que afecta a calidade da...
Dez propostas para coidarse e coidar nas profesións sociais. Cara á construción dunha cultura do coidado nos profesionais
Os profesionais son o recurso máis valioso do sistema de servizos sociais e deben de coidarse para poder coidar. Cada día enfróntanse con historias de superación, pero...