O COTSG organiza un curso de estratexias de xestión do estrés
Data: Abril 27, 2024

No marco da súa liña de traballo de autocoidado profesional, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, COTSG, organiza un curso de estratexias de xestión do estrés. A formación estará dividida en dúas sesións, os sábados 3 e 10 de febreiro, de 10.30 a 14.30 na sede do COTSG en Compostela. O psicólogo Eduardo Martínez estará a cargo da docencia do curso. 

Podes inscribirte a este curso neste link. O prezo será de 15 euros para as persoas colexiadas e gratis para integrantes de comisións, grupos de traballo ou mesa de redacción da Revista Fervenzas.