A planificación é unha boa ferramenta que nos axudará co noso autocoidado, aquí tes algúns tips:

  • Decide os teus obxectivos tanto diarios como semanais, podes empregar varias listas, unha de cousas importantes, outra de urxentes e outra de non prioritarias.
  • Aínda cunha folla de ruta, debes ser flexible no teu día a día, avalía os teus plans e obxectivos por se existen cambios, imprevistos ou as túas necesidades mudaron.
  • Pode ser que estés acostumada/o á multi tarefa, pero isto non é moi beneficioso. Pon toda a túa atención nunha tarefa de cada vez.
  • Lembra facer pausas nas que non facer nada ou pausas activas (tes outro post sobre isto).
  • Planifica tamén o teu tempo libre, marcar actividades motivantes no calendario, xa sexa durante a semana ou na fin de semana. Desta forma, ademais de asegurarte de ter un oco para ti, teras un motor motivante. Tamén podes planificar os tempos nos que  non facer nada!