Resumo mensual: agosto 2023 
Data: Maio 21, 2024

Repasamos as distintas iniciativas realizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ao longo do pasado mes de agosto. 

Resumo de actividades do COTSG:   

  • 08.08.2023. Reunión sobre o Traballo Social educativo, na que participaron a vogal da Xunta de Goberno, Laura Zapata, e o equipo técnico do COTSG 
  • 24.08.2023 Reunión da responsable de formación do COTSG, Lorena Lamas, coas integrantes da Xunta de Goberno, Rosario Capelo, Elena Gómez, Ana Vilar e Miriam Rodríguez, para abordar a formación do segundo semestre de 2023 e do inicio de 2024.  

Resumo de iniciativas enmarcadas en Defensa da Profesión do COTSG:      

Recursos de reposición:  

  • Concello de Xunqueira de Ambia. Por establecer como requisito de acceso: “g) Posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo” e pola existencia dun erro material de relevancia á hora de establecer a puntuación total da Fase de Concurso. 
  • Concello de San Sadurniño. Porque na Convocatoria se establecen funcións para a praza de Educador/a Familiar resultando funcións específicas e exclusivas do Traballo Social estando aberto o posto a outras titulacións. 
  • Concello de Rodeiro. Pola falta da preceptiva publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial, por non computar os cursos de formación do Colexio profesional e porque establece como requisito de acceso estar en situación de desemprego. 
  • Concello de Monterroso. Por non computar os cursos de formación do Colexio profesional. 
  • Concello de Ourense. Pola falta da preceptiva publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial. 
  • Concello de Laracha. Por non incluír nas Bases da convocatoria do posto de Orientación Laboral a titulación requirida de Traballo Social. 

Queixa á Valedora do Pobo fronte á dirección xeral de Función Pública 

  • O obxectivo foi que proceda coa máxima transparencia e celeridade posible á resolución definitiva do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de Técnicos Facultativos de Servizos Sociais, especialidade Traballo Social. 

Escrito 

  • Ao Concello de San Sadurniño para que modifique as funcións do posto de Educación Familiar na Relación de Postos de Traballo por conter funcións propias e exclusivas do Traballo Social.

 

A formación en agosto: 

Estivo aberto o prazo de inscrición para as seguintes accións formativas do COTSG que se van desenvolver nos vindeiros meses: 

Estivo aberto tamén o prazo de inscrición para a seguinte acción formativa, que se leva a cabo no marco dunha colaboración con Médicos do Mundo:

Está aberta a convocatoria de Teleformación para a recepción de propostas de formación. 

Publicáronse 18 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión. 

Novas destacadas:  

O COTSG nos medios: