Ante o recurso do COTSG, o Concello de Rodeiro valorará a formación impartida polo colexio nun proceso selectivo de Traballo Social
Data: Xuño 15, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social vén de lograr que o Concello de Rodeiro valore a formación impartida polo COTSG no proceso de selectivo para a contratación dun profesional de Traballo Social. Inicialmente, as bases deste proceso selectivo non valoraban a formación ofertada polos colexios profesionais, como, por exemplo, o COTSG.  

A Xunta de Goberno local do Concello de Rodeiro estimou o recurso presentado polo COTSG, no que se solicitaba a modificación das bases deste proceso selectivo. Deste modo, acordouse valorar a formación impartida polo COTSG neste proceso de selección 

Esta iniciativa enmárcase na liña de Defensa da Profesión impulsada polo COTSG.