Defensa da profesión: o Concello de Xunqueira de Ambía modificará as bases dun proceso selectivo logo de que o COTSG sinalase un erro
Data: Xuño 15, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia informa que o Concello de Xunqueira de Ambía modificará as bases dun proceso selectivo para unha praza de Traballo Social, tras estimar parcialmente un recurso no que o colexio expuxo un erro no cómputo da puntuación total establecida.  

Concretamente, o COTSG presentou un recurso fronte as bases do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a media xornada de un/unha traballador/a social no Concello de Xunqueira de Ambía.  

O colexio profesional informa agora que o Concello estimou a alegación referida á máxima puntuación que se podería obter no apartado de experiencia profesional, que provoca un error no cómputo da puntuación total. Tal e como indicou o COTSG, as bases indicaban 30 puntos cando debía figurar 20 puntos para ser coherente co cómputo total. 

Este recurso enmárcase na estratexia de defensa da profesión impulsada polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.