RESUMO DAS ACTIVIDADES DO EQUIPO E A XUNTA DE GOBERNO DO COTSG DO MES DE XULLO DE 2021
Data: Abril 24, 2024

¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE XULLO?

10.07.2021 Reunión intercolexiais, organizada polo Consello Xeral, cos colexios que disponen de Comisión deontolóxica.

13.07.2021 A coordinadora do COTSG, Nerea Fernández, acude á xuntanza organizada pola Casa Xohana torres coas demais entidades da Cidade de Santiago de Compostela co obxecto de tecer redes dentro do tecido asociativo feminista.

17.07.2021 A vogal Silvia Sanjrurjo participa na “Xornada de debate no Náutico do Freixo: Perspectivas e prospectivas da Galicia postcovid”  como integrante na mesa “Os efectos sociais da pandemia. E agora que?”.

27.07.2021 O COTSG reúnese co Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, para abordar a reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia e trasladar propostas para a mellora do Sistema de Servizos Sociais galegos.

30.07.2021 Xunta de goberno

Os xoves de cada mes o Equipo técnico do COTG se reúne para unha maior coordinación e efectividade.

Recursos interpostos antes irregularidades detectadas en Procesos selectivos: : A Pontenova, Oroso PEF.

Revisión procesos e contratacións, en valoración: proceso CIXUG, Rois, Rairiz de Veiga, Cambre, Vilagarcia, Porriño, Verín, O Saviñao, Vimianzo.

Recomendacións á bases : convocatoria OPE SERGAS

Publicación de ofertas de emprego (ofertas):  80

FORMACIÓN

  • Abriuse a inscrición para o curso INTERVENCIÓN SOCIAL CON PERSOAS QUE PRESENTAN PROBLEMAS RELACIONADOS CO CONSUMO DE DROGAS E OUTRAS CONDUTAS ADITIVAS
  • Rematou a acción formativa “Mellora das competencias profesionais a través da abordaxe humanista Gestalt”, con 12 participantes.
  • Publicáronse 41 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.

 

NOVAS

  • O COTSG, vese na obriga de recordar as funcións do Traballo Social e as de Servizos Sociais ante as diferentes oficinas do INSS. Accede a información completa aquí.
  • Queda a disposición das e dos colexiados e colexiadas un Modelo de Bases para procedementos de selección de Traballadores/as Sociais dos Servizos Comunitarios Básicos da Administración Pública local de Galicia. Podes acceder a este modelo aquí.
  • Queda a disposición das e dos colexiados e colexiadas, unha serie de consideracións sobre as bases das convocatorias de emprego público para seleccionar profesionais do Traballo Social, remitida aos concellos. Podes acceder a elas aquí.
  • O COTSG reuniuse coa Dirección Xeral de Inclusión. Accede aos puntos tratados aquí.
  • Publicáse a orde pola que se crea una listaxe única para personal temporal laboral da Xunta de Galicia, podes consultala aquí. 

LEMBRA

 

Dende o COTSG, desexamos que podas disfrutar dun tempo de descanso e lecer durante este verán!