O COTSG reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión Social
Data: Abril 25, 2024

O Colexio de Traballo Social reúnese coa Dirección Xeral de Inclusión social para trasladar as achegas e inquedanzas desde a profesión cara un modelo forte e estable, subliñando ambas entidades a profesionalidade e esforzo das e dos profesionais do Traballo social ante un sistema sobrecargado.

As dúas liñas tratadas foron, por unha banda, analizar os avances da reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia, e por outra, diferentes propostas de mellora do Sistema Galego de Servizos Sociais, ademais de:

👉🏽  A debilidade estrutural de todos os sistemas sociais de protección deseñados (dependencia, menores, vivenda, saúde mental, etc.), así como a ausencia de políticas públicas que lles dean resposta.

👉🏽 Exceso de burocratización perdendo a proximidade da persoa usuaria. Respetar o noso espazo de intervención

👉🏽 Necesidade urxente de reforzo das e dos profesionais do Traballo Social

👉🏽 Enfoque distorsionado da nosa práctica profesional, orientada cara a xestión inmediata e provisión de recursos, e non tanto cara á intervención social, a interacción con persoas e o Traballo con e para a comunidade

👉🏽 Compromiso de ambas entidades en colaborar para a formulación do novo decreto de Inclusión que se adapte á realidade real.

 

Para acceder a nova completa da Xunta, pulsa aquí