O autocoidado tamén está na organización do teu espazo de traballo. Tanto se teletraballas, coma se acodes á oficina, contar un espazo organizado é clave no teu autocoidado. Un espazo agradable pode axudar a reducir o estrés, aumentar a motivación e mellorar a concentración.  

Alén das obrigas en materia laboral no que ao espazo de traballo se refire, hai algún trucos que si dependen de ti:

  1. Acostúmate a recoller o teu escritorio ao final de cada xornada laboral, así sempre estará recollido ao comezar cada día.  
  2. Organiza os documentos físicos: Intenta reducir todo o que imprimes e, no caso de ter os documentos en papel, proba sistemas de organización que permitan atopalos rapidamente.  
  3. Se teletraballas, habilita un espazo na túa casa para facelo. Non é necesario ter unha habitación enteira. Se tes pouco espazo, proba a destinar uns caixóns ao material de traballo e recolle sempre ao rematar a xornada.  
  4. Asegúrate de que contas co material necesario, recorda que é obriga da empresa cumprir con certas medidas laborais.  
  5. Organiza o teu espazo dixital: Ao igual que o espazo físico, o teu ordenador tamén poder ser un desorde. Pon orde nos teus arquivos e cartafoles dixitais para acceder a eles de forma máis eficiente.  
  6. Fai o teu espazo máis agradable: pode parecer unha insignificante, pero unha pequena planta ou un ambientador que nos guste poden ser de gran axuda.  

Pasamos moitas horas ao día no traballo, polo que é necesario crear un espazo agradable! Aínda que hai outros aspectos como o material ou o mobiliario de oficina que dependen do lugar onde traballemos, existen moitos outros que si dependen de nós. E recorda que se notas que non se cumpre con algunha das obrigas en materia laboral, podes comentalo no teu centro de traballo.