En moitas ocasións centrámonos tanto nos nosos problemas e inquedanzas que nos custa conectar cos aspectos positivos da nosa vida. O agradecemento diario pode ser unha boa práctica para conectar coa sensación de benestar e con eses aspectos positivos, e en definitiva cambiar a nosa perspectiva ou visión. Como podemos incorporar o agradecemento ás nosas vidas?:

  • Crea o teu caderno de agradecementos para poder apuntar tres cosas que agradeces cada día, podes programar este momento ou ben ao espertar, antes de deitarte ou nunha pausa activa.
  • Utiliza este momento para respirar profundamente e pensar naquelas cousas que che fixeron feliz, por pequenas que sexan, todas suman.

En inicio poida que  che custe  atopar tres cosas, pero ao pouco tempo e coa práctica, a túa mente irá buscando case de maneira instintiva esas cousas que che fan sentir ben e que agradeces.

Que podes agredecer?

  • Un paseo
  • Un café en boa compañía
  • Algún detalle bonito que observaches no día de hoxe
  • O simple feito de vivir
  • A túa familia elixida
  • Unha comida rica que che fixo feliz
  • Logros, por pequenos que os consideres.

Verás que este pequeno tip irá cambiando o modo no que observas o teu día a día, a túa mente comezará a buscar aspectos positivos para poder apuntar e isto acabará sendo un pequeno manancial de calma e benestar. Toma este espazo coma un agasallo para ti mesma ou mesmo.