Notas de prensa

O Colexio de Traballo Social de Galicia solicita á Xunta de Galicia a homoxeneidade de todas as persoas afectadas polas contías reclamadas como cobro indebido ás persoas beneficiarias de RISGA que lles foi recoñecido o dereito ao Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Ante a alarma social xerada pola reclamación, por parte da Xunta de Galicia, de importantes cantidades económicas ás persoas beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e que recibiron de forma retroactiva os pagamentos de varias mensualidades de Ingreso Mínimo Vital (IMV), e ante as novas sentenzas que obrigan á Xunta de Galicia aos reintegros e devolucións dos pagos reclamados por parte de persoas usuarias, o Colexio Oficial de Traballo Social vén de solicitar á Xunta de Galicia que adopte un criterio homoxéneo para procurar unha maior protección das persoas afectadas que se atopan nunha situación clara de vulnerabilidade.

A Xunta incorre na desprotección sistemática á infancia galega debido á ausencia de políticas Sociais claras

Os novos modelos familiares, o absentismo escolar que se atopa no 21% en Galicia, un longo tempo en entornas dixitais expostos e expostas a diferentes violencias, o incremento das  persoas en risco de pobreza (25,7%), o aumento da violencia machista, ou o incremento da taxa de suicidios entre adolescentes, xeran unha vulnerabilidade maior nas crianzas e adolescentes galegos, que agora mesmo non contan cun sistema de protección forte  nin cun marco político claro que os poida amparar dun xeito exitoso.

A Comisión de Infancia e familia do COTSG vén de publicar un decálogo coas diferentes eivas detectadas no sistema de protección á infancia, no que manifestan que as atencións adoitan ser puntuais e emerxentes, sen contar cunha política de base preventiva que se adapte as esixencias das problemáticas que están a xurdir cos novos modelos de familias.  Na actualidade, a política social aplicada non conta cos procedementos, planificación e coordinación suficiente entre os distintos niveis de intervención, e insisten “debería existir unha autentica coordinación entre as distintas administracións, aberta, apropiada e cooperativa”.

Traballadoras sociais cuestionan un proceso selectivo en Compostela “sen opcións para as persoas confinadas”

O Colexio Oficial de Traballo Social da Galiza denuncia a decisión do Goberno municipal de manter o exame para esta cuarta feira, 5 de xaneiro, “en plena sexta vaga da pandemia”. As persoas opositoras que se atopan en corentena, lamentan, “non terán máis opción que renunciar ao proceso”.

O COTSG lamenta o silencio da Consellería de Educación ante o nomeamento da figura de coordinación de benestar social nos centros escolares.

O Colexio de Traballo Social de Galicia advirte que de designar a unha figura sen a formación suficiente para desempeñar estas labores de coordinación de benestar, estarase incorrendo na desprotección sistemática das crianzas e das e dos adolescentes nas escolas galegas.

Atender coa rigurosidade convinte ás crianzas e ás e os adolescentes nas diferentes necesidades sociais que se lles presentan e poder dotalas da protección social suficiente ante as diferentes violencias as que están expostas e expostas conleva dotar de intervencións sociais profesionalizadas e de calidade ás escolas e isto pasa por establecer perfís profesionais como o do Traballo Social, dado que conta cunha longa traxectoria intervindo nestas situacións.

A Quenda de Garda Social Permanente segue facendo fronte ás violencias machistas.

A Quenda é un servizo público de balde que debe ser activado por Forzas e Corpos de Seguridade, así como por Xulgados con competencias en materia de violencia de xénero

O COTSG lembra que A Quenda pode activarse ante calquera tipo de violencia machista, o que inclúe os delitos sexuais.

 

Presentación do nome e logo do Grupo de Traballo Social e Feminismos do COTSG

As Sementeiras, é o nome do grupo de “Traballo Social e Feminismos” dependente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) que botou a andar en febreiro de 2020. 

O Obxectivo das SemenTeiraS é crear un espazo de encontro, reflexión, debate e traballo profesional encamiñado á realización de actividades reivindicativas e culturais desde unha linguaxe máis accesible e menos académica, onde a defensa do Traballo Social está encamiñada a romper cos modelos sexistas que se atopan no día a día, e que poñen freo aos avances de cara a unha sociedade mais xusta e igualitaria, abrindo foros de reflexión que constrúan pontes de diálogo cara un mundo feminista e sostible.

O COLEXIO DE TRABALLO SOCIAL ALERTA DO DESAMPARO SOCIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMUNIDADE GALEGA

O COLEXIO DE TRABALLO SOCIAL ALERTA DO DESAMPARO SOCIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMUNIDADE GALEGA

• A retirada da Traballadora social no Colexio de Educación Especial Público Saladino Cortizo(Vigo) mobiliza á Comunidade Educativa e preocupa a esta entidade
• Tamén advirten que a Consellería de educación non está tendo en consideración o aspecto social do alumnado e das familias tras as consecuencias a crise económica e social que infundiu a COVID

O Colexio de Traballo Social acusa a Xunta de fomentar o “intrusismo laboral” descargando no profesorado funcións que non lle corresponden

COTSG entende que se precisan profesionais especializadas en Traballo social para a procura de solucións integrais ás situacións complexas que se pretenden abordar no eido educativo a través da Rede Galega de Acompañamento e Orientación persoal e familiar.

Lembra que o profesorado non pode nin debe asumir estas funcións, dado que non conta nin coa formación nin coas ferramentas necesarias para levalas a cabo.

O Colexio de Traballo Social de Galicia volve reclamar a inclusión do traballo social nas Comisións de garantía e avaliación da eutanasia e denuncia a demora no desenvolvemento destas

O COTSG reivindica os coñecementos e a experiencia acumulada deste perfil profesional para pór en consideración as circunstancias sociais e sociosanitarias de cada solicitude, garantindo que a decisión responda da mellor forma posible ás necesidades e desexos da persoa

O Colexio de Traballo Social identifica dez graves eivas na protección da infancia en Galicia

O COTSG lembra que a Lei Orgánica de Protección da Infancia recentemente aprobada supón “un avance”, pero pide o cumprimento escrupuloso da normativa legal.

A Comisión de Infancia e Familia estrutura a súa análise nun decálogo que recolle as principais eivas detectadas en base á experiencia con menores e familias