Notas de prensa
Galicia arranca o curso escolar sen os estándares mínimos que esixe unha administración pública
O inicio do curso escolar en Galicia pon de manifesto unha realidade preocupante: a falta de profesionais cualificadas/os para atender as necesidades sociais do alumnado nos centros educativos. A eliminación das prazas de Traballo Social nos Equipos de Orientación Específicos deixa desprotexido ao alumnado máis vulnerable, incrementando o risco de exclusión social e dificultando a atención integral que precisan moitas familias
Posición do Colexio de Traballo Social de Galicia ante o Proxecto de Orde que desenvolve o novo Decreto de atención á Dependencia •
O COTSG Critica a Prioridade das Prestacións Económicas sobre os Servizos Públicos no Novo Decreto de Dependencia
O COTSG reitera a súa disconformidade coa decisión da Xunta de externalizar e privatizar os informes periciais psicosociais no sistema xudicial galego
O Goberno galego asinou un convenio cunha entidade privada para asumir parte destes informes, en lugar de contratar persoal estable
O COTSG solicita á Xunta que profesionais do social asuman a coordinación de Benestar nas escolas para resolver conflitos como o acoso escolar ou a discriminación
O COTSG presentou unha serie de aportacións ao anteproxecto da Orde para regular a figura de coordinación de Benestar e Convivencia
O COTSG RECLAMA QUE O TRABALLO SOCIAL ASUMA A COORDINACIÓN DE BENESTAR E CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS
Esta figura, que intervirá en conflitos como o acoso escolar, será exercida polo persoal docente malia non estar formados no ámbito social
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reclama que as profesións do ámbito social sexan quen exerzan este posto nas escolas, o primeiro espazo no que detectar situacións de risco a nivel social e familiar
O COTSG denuncia ante a valedora do pobo a falta de transparencia e de colaboración entre administracións do Concello de Ribadumia
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia solicitou ao Concello a documentación relativa ao proceso de contratación da praza de Traballo social en varias ocasións, tras ter coñecemento de posibles irregularidades. A administración local aínda non respondeu ás solicitudes do COTSG, que comezaron en 2021
Os factores sociais, familiares e económicos, de gran relevancia na prevención do risco suicida infanto-xuvenil
• O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia mostra o seu total apoio e colaboración despois da
presentación do Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o
risco suicida infanto-xuvenil.
• O COTSG reivindica ante a Xunta o recoñecemento da figura do traballo social neste protocolo,
ante a relevancia dos factores sociais, familiares e económicos na prevención do risco suicida
entre as crianzas.
Situación insostible para as profesionais do Servizo de Axuda no Fogar na Galicia
- Hoxe arrinca a folga indefinida das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
- O COTSG subliña “a necesidade da firma dun novo convenio e o incremento da financiación son imprescindibles, pero só son dous dos pasos a dar na prestación do SAF” engaden que “é preciso a actualización da orde autonómica reguladora de SAF, que data do ano 2008, así como dun modelo de ordenanza que equipara en condicións de igualdade a prestación do SAF en todo o territorio galego. Sería imprescindible tamén que isto mesmo fose extrapolable aos pregos técnicos e administrativos xa que moito do malestar reside tamén, na desigualdade de atención e prestacións que conten o SAF entre uns concellos e outros”
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia alerta sobre o colapso estrutural nos equipos IMELGA coa chegada da Lei 8/2021 de apoios as persoas con discapacidade
O Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni, asegurou na pasada Comisión Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior, que só hai un “atasco puntual” nos equipos do Instituto de Medina Legal (IMELGA).
O Colexio de Traballo Social de Galicia quere subliñar que non se trata dun “atasco puntual”, senón que estamos ante un colapso dos equipos dun carácter estrutural, que está saturando non só ao IMELGA, senón aos Servizos Sociais comunitarios.
A Xunta de Goberno alerta unha vez máis: “Débese apostar sempre en primeira instancia polo reforzo de persoal, e en definitiva, pola procura de formulas que melloren a calidade dos servizos públicos, que ademais aseguren unha boa saúde profesional e unha atención digna para a cidadanía”.
O COTSG ALERTA NESTA VOLTA ÁS AULAS DA PROGRESIVA AMORTIZACIÓN DE PRAZAS NOS EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICOS
O Colexio de Traballo Social apoia de maneira frontal todas as mobilización e reivindicacións que se están convocando na comunidade educativa, sempre pensando no benestar social das familias e crianzas que agora mesmo precisa dun apoio e esforzo superior por parte das administracións públicas.
O COTSG alerta da progresiva amortización das prazas de Traballo Social nos Equipos de Orientación Específicos, actualmente existen catro, un por cada provincia, e só se conserva a praza de Traballo Social no equipo correspondente ao Equipo de Lugo