Cada 21 de xuño celébrase o Día Mundial do Ioga, unha actividade que combina o exercicio do corpo co da mente. O ioga apórtanos un momento de desconexión para a nosa mente, á vez que melloramos a nosa condición física 

Non é preciso ser un gran deportista para iniciarse no ioga, o nivel adáptase a calquera condición física e idade. Nun tip de autocoidado previo, xa falamos dos beneficios do deporte para o noso autocoidado. Por que non probar co ioga? 

Diferentes estudos avalan o ioga como unha ferramenta útil contra o estrés, alén de mellorar a nosa condición física. Ademais, se practicamos ioga en grupo, nunha clase dirixida por exemplo, é unha oportunidade para coñecer xente distinta.  

Por que non te animas a probar o ioga coincidindo co seu Día Mundial?