Xa podes visitar a nova páxina Fervenzas
Fervenzas
Fervenzas é a revista galega de Traballo Social que acepta, para a súa difusión, traballos orixinais e inéditos de interese para a disciplina e para esta profesión en Galicia.
Os traballos son publicados atendendo ao seu interese ou o seu valor científico e/ou profesional. Teñen prioridade aqueles artigos que respondan a outros xa aparecidos en números anteriores da revista, ou aqueles que sexan continuación dalgunha temática de interese.
Ficha técnica
Título: Revista Galega de Traballo Social “Fervenzas”
ISSN: 1698-5087
ISSN electrónico: 2254-7657
Ano de inicio da publicación: Decembro 1997
Periodicidade: Anual
Correo-e: fervenzas@traballosocial.gal
Editor: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
As seccións nas se encadrarán os traballos son:
ARTIGOS
Investigacións, experiencias profesionais, análises teóricas, metodolóxicas e técnicas, etc.
EN REDE
Presentación descritiva dun equipamento, programa, servizo, asociación, etc.
ENTREVISTA
Entrevista a persoeiros de especial interese para o Traballo Social.
RECENSIÓN DE PUBLICACIÓNS
Comprende comentarios e opinións críticas de libros, revistas, coleccións editoriais… En definitiva, de calquera fonte documental de interese para o Traballo Social.
ESPAZO ABERTO
Comentarios de documentais, filmes, páxinas web, noticias de especial interese para o Traballo Social, etc.
FICHA DE INVESTIGACIÓN SOCIAL
Fichas-resumo de teses ou tesiñas.
Presentación de traballos para o vindeiro número de Fervenzas
Prazo aberto ata o 31 de outubro de 2024
Enviar SOLICITUDE a: fervenzas@traballosocial.gal
Imprescindible seguir as normas de publicación.