Convócase a Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o día venres 27 de xuño de 2025
Hora: 17.00 1ª Convocatoria – 17:30 2ª Convocatoria
Lugar: Modalidade Mixta: A través da Plataforma Zoom – Online e/ou na Sede do COTSG (Rúa Dublín, nº6 – Santiago de Compostela).
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, a acta da Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2024
- Presentación e aprobación, se procede, da Memoria Económica do ano 2024.
- Aprobación, se procede, da proposta de Cotas Colexiais.
- Presentación e aprobación, se procede, da Previsión de Gastos e Ingresos para 2025.
- Presentación e aprobación, se procede, da Memoria de Actividades do ano 2024.
- Presentación e aprobación, se procede, do Plan de Actividades do ano 2025.
- Rogos e preguntas.
Ao realizarse a Asemblea en modalidade mixta e atendendo ao aforo da sede, prégase confirmación de asistencia a través do Formulario de inscrición, para poder recibir as instrucións de acceso e o convite por correo electrónico á sesión de ZOOM.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de xuño ás 15.00h.
RECORDA: No caso de non poder asistir, é posible utilizar a DELEGACIÓN DE VOTO. A delegación debera ser por escrito e debe necesariamente recaer noutra persoa colexiada. Só serán válidas as representacións entregadas á secretaria antes de dar comezo a Asemblea.