Unha alimentación saudable é importante, pero tamén é importante tomar o hábito de comer como un encontro con nós. Desta maneira daremos espazo para comer con consciencia e intención. Para este fin podes empregar os seguintes tips:
- Elabora os teus propios menús saudables semanais, unha vez elaborados, fai unha lista dos ingredientes que precisas mercar. Debes incluír alimentos e menús que che gusten e que poidas gozar e a vez que sexan saudables.
- Emprega a cor, as verduras ademais de ter múltiples beneficios, darán aos teus menús moita cor.
- Reduce o consumo de azucres, de ultra procesados, conteñen moitas graxas non beneficiosas e aditivos, que producen inflamación e co tempo producen moitas doenzas, ademais de ser moi prexudiciais para a o noso peto e o medio ambiente.
- Sendo conscientes dos tips anteriores, o momento de comer e a comida nunca debe ser un momento de sufrimento, debe ser un momento de pracer e autocoidado, e por suposto, de conexión con nos mesmas.
- O medo, o xuízo, o castigo ou a vergoña non deberían nunca ir relacionados co hábito de comer.