Aínda que pode parecer unha afirmación fácil de levar ao noso día a día, a verdade é que custa darnos amor, a autoesixencia e poñer como prioridade a outras persoas antes que a nós é algo normalizado, a nosa educación e a sociedade na que vivimos mostranos isto.
Que podemos facer entón? Na vida o aprendizaxe é un continuo, todo se pode cambiar, e sempre é un bo momento, polo que aquí van algúns tips:
- Quérete como eres, abraza as túas imperfeccións, dalle unha aperta as cousas que consideras boas de ti pero tamén as malas
- Ten paciencia e comprensión contigo.
- Busca aquelas cousas que te emocionan no día a día e cultívaas, sen medo, sen prexuízos.
- Identifica esa voz crítica que che di ao oído que non podes, que non es suficiente,
- Busca rodearte de persoas que che sumen, que te fagan sentir ben, como si estiveras como no teu fogar.
- Escoita a túa voz, as túas opinións e pensamentos son importantes, non os ignores e non os infravalores.
- Permítete vivir, gozar da túa vida.